Inicio Últimas Noticias A Vía Verde súmase aos sendeiros azuis da cidade

A Vía Verde súmase aos sendeiros azuis da cidade

A Vía Verde foi seleccionada pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) como novo sendeiro azul en Vigo, que súmase á senda do Lagares, a ruta entre faros das Illas Cíes e a senda litoral e do monte da Guía.

Abel Caballero anunciou que Vigo terá este ano catro sendeiros azuis, un máis que o ano anterior. A Vía Verde súmase á certificación de calidade ambiental que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), e repiten a senda do Lagares, a ruta entre faros das Illas Cíes e a senda litoral e do monte da Guía.

Caballero cualificou de “excepcional” a Vía Verde, que ten 4,3km e vai desde Vía Norte ata a fronteira con Redondela e ten 2 metros de ancho para peóns e outros 2 para bicicletas. “Transformamos a antiga vía do tren nunha vía verde”, expresou con orgullo rexedor.

Leer más:   O goberno local aprobará o Plan de Infraestruturas e Dotacións para a Biblioteca do Estado


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello humanizará toda a contorna de Balaídos cun orzamento de 1,8 millóns
Artículo siguienteO alcalde recibe unha camiseta da selección española adicada polo exseleccionador Vicente del Bosque