Categorías: Últimas Noticias

Un informe revela que Vigo é a única cidade que reduciu a factura en servizos básicos desde 2019

O Concello está a optimizar consumos de servizos básicos nunha xestión “extraordinariamente eficiente” da auga ou da enerxía eléctrica. Así o ratifica un informe do Ministerio de Facenda que sitúa Vigo como a única cidade de España que reduciu a factura nestes conceptos desde o ano 2019.

Un informe do Ministerio de Facenda sobre o custo efectivo dos servizos das entidades locais do exercicio de 2021 conclúe que Vigo é a única cidade de España que reduciu a factura en servizos básicos desde o ano pre- covid. Ao respecto, o alcalde enfatizou que en Vigo estamos sendo capaces de optimizar consumos de servizos básicos como a auga ou a enerxía eléctrica cunha xestión “extraordinariamente eficiente”.

Para explicar esta situación e no tocante ao gasto en auga, empezou referíndose ás numerosas humanizacións realizadas nos últimos anos en toda a cidade, actuacións que inclúen renovacións de tubaxes así como a implementación dun sistema de control de fugas. Respecto da electricidade, explicou, o Concello ten en marcha un plan de substitución de vellas lámpadas incandescentes en led. De feito, nestes momentos o 40% dos puntos de luz de Vigo xa son led e está previsto renovar máis de 15.500 puntos en toda cidade, dentro e fora do centro urbano o que suporá un investimento de máis de 9 millóns.

Caballero engadiu outras medidas adicionais como auditorías en edificios públicos, implantando normas como o apagado automático das luces; control horario do acendido nos edificios municipais, instalacións deportivas…; medidas de racionalización da enerxía, reducindo os consumos ao mínimo; forma telemática de lecturas de consumo de enerxía, o que permite realizar a comprobación dos consumos e a verificación das facturacións en todos os cadros de alumeado ou medición e control da potencia da instalación procedendo á corrección cando sexa necesaria.

Redacción

Entradas recientes

Vigo en alerta por una partida de pollo con salmonella que podrías tener en casa

Alerta en Vigo: Detectan Salmonella en pollo proveniente de España y ordenan su retiro urgente…

9 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 2 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas acompañadas de lluvia.…

14 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 1 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo habrá cielos nubosos con tormentas acompañadas de…

2 días hace

O Ministerio de Transportes avala todos os proxectos importantes da cidade

Abel Caballero mantivo unha reunión esta mañá co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar…

2 días hace

La Premier League adopta control económico al estilo LaLiga después de años de pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

2 días hace

Esta web usa cookies.