Categorías: Últimas Noticias

Vigo solicitará fondos europeos para a dixitalización do ciclo da auga

Abel Caballero anunciou que o Concello participará na convocatoria do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado con fondos europeos Next Generation EU, co obxectivo de ter unha xestión 4.0 e seguir mellorando o ciclo integral da auga.

Vigo participará no PERTE da Dixitalización do Ciclo da Auga co proxecto DIGIVIG23, que dixitalizará na totalidade o ciclo da auga mediante a a transformación ao sistema de xestión industrial 4.0, o que supón a integración, monitorización, vixilancia e telecontrol en tempo real aplicando as novas tecnoloxías de intelixencia artificial e axudando así á toma de decisións.

O Concello solicitará na convocatoria do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado cos fondos Next Generatión EU, 9.998.574 euros dos 14.547.000 da inversión total. Os 4.568.514 euros restantes correrán a cargo de Aqualia, dentro do Plan de Inversións da concesionaria.

Abel Caballero explicou que se actúa en toda a rede, desde a captación ata a deputación: “Estamos a crear un centro intelixente para a xestión do ciclo da auga en Vigo, co que melloraremos a conectividade e accesibilidade, con datos relevantes obtidos en tempo real”, explicou en rolda de prensa.

Isto permitirá acortar tempos de resposta, o cal se consigue do seguinte xeito: dixitalización de consumos, dixitalización de redes, sensores de redes e modelizaciones matemáticas. “Toda a modernización e intelixencia artificial preparada e permanente”, afirmou o rexedor.

O alcalde lembrou que o Concello está a traballar desde fai tempo na modernización da rede da auga: “O que agora facemos in situ, farémolo no 4.0 de xeito automatizado”. Así puxo de manifesto actuación como sistemas de rego intelixentes, sistema de detección temprana de fugas, remodelación da potabilizadora, ampliación e modernización da depuradora de Teis, elaboración do Plan Director de Abastecemento de Auga, renaturalización del litoral, recuperación das zonas húmidas e a posta en valor e mellora do corredor ambiental do Lagares.

Redacción

Entradas recientes

Vigo en alerta por una partida de pollo con salmonella que podrías tener en casa

Alerta en Vigo: Detectan Salmonella en pollo proveniente de España y ordenan su retiro urgente…

50 mins hace

El tiempo para hoy en Vigo, 2 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas acompañadas de lluvia.…

6 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 1 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo habrá cielos nubosos con tormentas acompañadas de…

1 día hace

O Ministerio de Transportes avala todos os proxectos importantes da cidade

Abel Caballero mantivo unha reunión esta mañá co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar…

1 día hace

La Premier League adopta control económico al estilo LaLiga después de años de pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

2 días hace

Esta web usa cookies.