Categorías: Últimas Noticias

Persoal Seguridade, tráfico e transporte O Concello incorpora 80 novos policías locais nas próximas semanas A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o nomeamento de 32 novos axentes como funcionarios de carreira e funcionarios en prácticas. O vindeiro mes integraranse 38 axentes máis que veñen de superar o período formativo.

xoves, 16 feb 2023

A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto da reforma do Mercado de Teis, cofinanciado cos fondos europeos Next Generation EU enmarcados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

xoves, 16 feb 2023

O alcalde lembra que mañá venres comeza en Vigo a programación municipal para festexar o Entroido, que se desenvolve entre o venres 17 e o mércores 22 de febreiro. A música de Tanxugueiras encherá a Porta do Sol a partir das 20,30 h.

xoves, 16 feb 2023

O pavillón de As Travesas será a instalación na que a selección feminina de baloncesto completará a súa preparación para o Eurobasket 2023 que se disputará en xuño en Eslovenia e Israel. No acto de presentación, en Quirós, o alcalde avanzou que o adestrador Miguel Méndez será nomeado este ano Vigués distinguido.

xoves, 16 feb 2023

Abel Caballero participou no Foro “Os desafíos da economía galega para o trienio 2023-2025”, organizado por Faro de Vigo este xoves na Sede Afundación Vigo. O alcalde puxo de manifesto o valor da empresa: “É moi difícil facer unha empresa e levala adiante, competindo, e na competencia está o progreso e iso en Vigo entendémolo”. Caballero tamén defendeu ante o tecido empresarial galego acabar coa inflación: “Neste xogo de grandes magnitudes hai que entender o momento tan difícil no que estamos”. “A inflación é un horror, que rompe as regras do xogo, e fai sufrir”.

xoves, 16 feb 2023

O alcalde asistiu esta mañá á apertura da exposición de “Francisco Fernández del Riego, 1913-2010. Letras Galegas 2023″ que poderá visitarse ata o domingo 17 de decembro. Trátase dunha mostra autobiográfica que recolle unha selección das súas obras máis significativas.

xoves, 16 feb 2023

Abel Caballero achegouse esta mañá á inauguración dun novo Eroski Center na rúa Portanet que conta cun cadro de persoal de 54 profesionais e dispón de máis de 2.160 m2. En declaracións durante a visita ás instalacións, o alcalde felicitou á compañía galega de distribución alimentaria pola apertura deste novo supermercado, destacando que servirá para dinamizar a zona e xerar emprego.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 19 de mayo de 2024

Durante la mañana en Vigo estará muy nublado con tormentas acompañadas de lluvia. Según pasen…

15 horas hace

Laliga EA Sports: jornada 37, clave para Europa League y permanencia

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

19 horas hace

Fundación CyD posiciona a UAX entre las mejores universidades de farmacia

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

20 horas hace

La familia Castellano compra 10.000 acciones de Millenium Hospitality, reforzando su inversión

Pablo Castellano Vázquez, consejero de Millenium Hospitality desde marzo, ha reforzado su apuesta por la…

20 horas hace

TÜV SÜD registra ingresos récord de 3.139 millones de euros en 2023

TÜV SÜD ha presentado sus resultados financieros globales en 2023, reportando un incremento en los…

21 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 18 de mayo de 2024

A lo largo de la mañana en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas y…

2 días hace

Esta web usa cookies.