Inicio Últimas Noticias Caballero anuncia 100 becas no estranxeiro para os estudantes da Escola Oficial...

Caballero anuncia 100 becas no estranxeiro para os estudantes da Escola Oficial de Idiomas

O Concello retoma o programa de becas para os alumnos e alumnas da Escola Oficial de Idiomas. Serán un total de 100 para unha inmersión lingüística de dúas semanas que inclúe a viaxe, o aloxamento e un curso homologado.

O alumnado da Escola Oficial de Idiomas volverá a viaxar ao estranxeiro becados polo Concello. Abel Caballero anunciou 100 becas, unha vez superada a pandemia, para que os estudantes que o soliciten podan perfeccionar e mellorar as súas habilidades lingüísticas nos países coa lingua materna que están a aprender.

O goberno local inviste 175.000 nas 100 becas que poden solicitarse para os distintos idiomas impartidos na EOI. Os alumnos e alumnas poderán viaxar a Reino Unido e Irlanda, Francia, Alemaña e Austria, Italia, Portugal, Xapón e Taiwán.

Leer más:   Alumnado do CEIP Sobreira-Valadares visitan os principais departamentos do Concello

A beca está pensada para cubrir os gastos de desprazamento, aloxamento e a formación, cun curso homologado de dous semanas.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA grada de Marcador ultima a estrutura da cuberta
Artículo siguienteO rexedor pon en valor o papel de Mindtech no avance das tecnoloxías na industria