Categorías: Últimas Noticias

Abel Caballero: “Vigo neste intre cumpre todos os requerimentos para ser sede do Mundial 2030”

Este martes mantívose unha xuntanza en Madrid para coñecer información precisa dos novos requisitos para ser unha das sedes do Mundial 2030 en España, Portugal e Ucraína. No día de hoxe elevouse a sétima, e derradeira, parte da estrutura da cuberta de Marcador.

O alcalde afirmou que na reunión celebrada onte martes na sede da Federación Española de Fútbol, comunicáronse novos requisitos “sobre campos de adestramento e hoteis” para optar a sede do Mundial, “dos cales Vigo cumpre todos”.

Caballero avanzou que as 15 sedes actuais, recibirán en próximas datas a visita de membros da organización da candidatura, co obxectivo de comprobar o estado de cada unha, sinalando que “sabemos que temos unha magnífica proposta, unha magnífica candidatura. Somos parte do núcleo duro das candidaturas”.

Na mañá de hoxe, a grada de Marcador xa conta coas sete partes da estrutura da cuberta, completando a unión coas gradas de Tribuna e Río Alto. A súa vez, o rexedor sinalou que continúa o avance na colocación das butacas e os progresos na cubrición externa do graderio.

Redacción

Entradas recientes

A cidade ilumínase de amarelo polo Día Mundial da Osteoxénese Imperfecta

Escoitar Este luns 6 de maio conmemórase o Día Mundial da Osteoxénese Imperfecta, unha doenza…

6 horas hace

O Concello apoia un ano máis o campus de Coruxo

Escoitar A mocidade pode elixir entre unha trintena de deportes. O campus de Coruxo está…

6 horas hace

Arrancan as XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar

O rexedor achegouse esta mañá ao Auditorio Municipal, epicentro das XIV Xornadas Municipais de Teatro…

6 horas hace

Caballero valora o liderado de Vigo no pago a proveedores

O alcalde constatou este luns que o liderado do Concello no pago a provedores tanto…

6 horas hace

O aeroporto de Vigo contará “cunha pista de aterraxe nova” tras unha remodelación “programada a enorme velocidade”

Abel Caballero trasladou esta mañá a súa valoración respecto a “gran mellora” coa que contará…

6 horas hace

Esta web usa cookies.