Categorías: Últimas Noticias

Urbanismo O Concello xa financiou 88 actuacións para mellorar a accesibilidade en edificios residenciais A Xerencia de Urbanismo aprobará mañá as bases das axudas para mellorar a accesibilidade en edificios residenciais. As comunidades ou grupos de propietarios poderán recibir achegas de ata 3.000 euros para instalar ascensores ou eliminar barreiras arquitectónicas.

luns, 6 mai 2024

Abel Caballero valorou o “extraordinario” deseño do pavillón seleccionado para acoller a sede viguesa do festival de arquitectura urbana que encherá de actividades a Porta do Sol entre o 13 de xuño e o 14 de xullo.

luns, 6 mai 2024

Os novos horarios amplían a utilización do ascensor de domingo a xoves desde as 5:30 ás 00:30 horas e os venres, sábado e vésperas de festivo desde as 5:30 ás 02:00 horas.

luns, 6 mai 2024

O alcalde constatou este luns que o liderado do Concello no pago a provedores tanto en Galicia como no conxunto de España, verificado en febreiro cun prazo de abono das facturas en 6,5 días, evidencia a “situación excepcional das finanzas de Vigo”.

luns, 6 mai 2024

Abel Caballero trasladou esta mañá a súa valoración respecto a “gran mellora” coa que contará a terminal viguesa, cun investimento de 23,6 millóns. A reforma obriga á “suspensión da actividade” ata finais do mes de maio.

luns, 6 mai 2024

A mocidade pode elixir entre unha trintena de deportes. O campus de Coruxo está dirixido á rapazada nada entre 2010 e 2018. A dirección do Coruxo F.C. espera a máis de 500 mozos e mozas deportistas e 150 técnicos entre o 24 e o 28 de xuño nas súas instalacións. O alcalde manifestou na presentación que o campus “ten moita calidade” e louvo que se consiga o “espírito colectivo” en torno ao deporte. A inscrición está dispoñible na web www.coruxofc.com

luns, 6 mai 2024

O rexedor achegouse esta mañá ao Auditorio Municipal, epicentro das XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar, levadas a cabo pola Escola Municipal de Teatro de Vigo. Nesta actividade, varios centros de ensino de educación Primaria da cidade, terán a oportunidade de presentar diversas pezas teatrais, desenvolver a súa faceta artística participando como actrices e actores. As representacións terán lugar os días 6, 7, 8 e 9 de maio a partir das 10:00 h da mañá, asistindo como público tamén o alumnado dos centros educativos. Abel Caballero animou a nenos e docentes a “gozar da marabilla do teatro”.

luns, 6 mai 2024

Este luns 6 de maio conmemórase o Día Mundial da Osteoxénese Imperfecta, unha doenza rara coñecida como “enfermidade dos ósos de cristal” que se orixina por unha anomalía xenética que deriva na xeración insuficiente de coláxeno, a proteína maioritaria do corpo humano, e que acaba limitando de xeito importante a calidade de vida dos enfermos. O Concello de Vigo súmase á conmemoración da xornada iluminando de amarelo as fontes da rúa Aragón esta noite co fin de concienciar á cidadanía sobre esta enfermidade.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 19 de mayo de 2024

Durante la mañana en Vigo estará muy nublado con tormentas acompañadas de lluvia. Según pasen…

5 horas hace

Laliga EA Sports: jornada 37, clave para Europa League y permanencia

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

10 horas hace

Fundación CyD posiciona a UAX entre las mejores universidades de farmacia

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

10 horas hace

La familia Castellano compra 10.000 acciones de Millenium Hospitality, reforzando su inversión

Pablo Castellano Vázquez, consejero de Millenium Hospitality desde marzo, ha reforzado su apuesta por la…

11 horas hace

TÜV SÜD registra ingresos récord de 3.139 millones de euros en 2023

TÜV SÜD ha presentado sus resultados financieros globales en 2023, reportando un incremento en los…

11 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 18 de mayo de 2024

A lo largo de la mañana en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas y…

1 día hace

Esta web usa cookies.