Categorías: Últimas Noticias

A posta en marcha da rampla de Carral culmina a gran praza de Porta do Sol

O Concello adianta os prazos para a instalación da rampla de Carral, que estará operativa a finais do mes de marzo. Deste xeito, complétase a gran remodelación da Porta do Sol, mentres continúan os traballos do túnel que unirá Torrecedeira e Policarpo Sanz.

Abel Caballero revisou esta mañá o avance da instalación da rampla mecánica de Carral e dos traballos de humanización da rúa. Trátase, dixo, do último paso para completar a praza de Porta do Sol, unha das grandes obras da historia da cidade cun orzamento de 17 millóns de euros.

Logo de anunciar que rampla mecánica estará operativa a finais do mes de marzo, antes do previsto inicialmente, aclarou que a estrutura ten unha lonxitude de 27 metros e salva unha altura de 5 metros. Na liña das escaleiras de II República, a rampla estará cuberta un pórtico metálico e vidro e terá unha zona axardinada con árbores na parte alta e nun dos laterais.

Respecto da praza, o alcalde reiterou que a peonalización da Porta do Sol non significará unha volta innecesaria para o transporte da cidade dado que as obra do túnel proseguirá, tan pronto como se solucionen os problemas urbanísticos de Paseo de Alfonso. O paso subterráneo unirá Torrecedeira e Policarpo Sanz e nalgún momento, incidiu, chegará a Alfonso XIII buscando un centro da cidade peonil. Finalizada esta obra, o Concello procederá á reordenación de Carral, remodelando os edificios públicos que están nesa rúa e na Baixada á Laxe.

Día Mundial das enfermidades raras

En declaracións aos medios, Caballero explicou que o Concello súmase á conmemoración do Día Mundial das enfermidades raras iluminando de verde as fontes de Jenaro de la Fuente a petición da Federación Galega de Enfermidades Raras (FEGEREC), así como a pérgola da Praza de América, neste caso, coa solicitude da Asociación nacional síndrome de Ehlers (ANSEDH).

Redacción

Entradas recientes

El campus de Cesur en Madrid: un gigante de la formación profesional en España

Cesur, referente en Formación Profesional en España, anunció este lunes la inauguración de Cesur Campus,…

2 horas hace

Shein, Zara y H&M dominan el mercado de la moda online en España

El mercado de la moda online en España está liderado por Shein, seguido de cerca…

3 horas hace

Prosegur reporta un crecimiento del 32% en su beneficio neto consolidado, logrando 17 millones en el primer trimestre del año

Prosegur ha obtenido un beneficio neto consolidado de 17 millones de euros durante los primeros…

4 horas hace

Una considerable proporción de españoles señala un mayor peligro para sus casas de veraneo en comparación con 2023

La percepción de riesgo de los españoles por su vivienda vacacional ha aumentado cuatro puntos…

5 horas hace

Choque fatal en Corredor do Morrazo deja un muerto y tres heridos graves

Un trágico accidente se cobró la vida de un anciano de 90 años originario de…

8 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 29 de abril de 2024

Hoy a primera hora en Vigo se esperan nubes escasas. Por la tarde se prevén…

14 horas hace

Esta web usa cookies.