Inicio Últimas Noticias O Concello cederá espazos ás peñas na nova grada de "Marcador Centenario”...

O Concello cederá espazos ás peñas na nova grada de "Marcador Centenario” de Balaídos

O alcalde mantén un encontro este martes cunha representación da Federación de Peñas do Celta e outro coa Agrupación de ex xogadores do Celta que tamén contarán cun espazo propio na zona da Bancada de Tribuna.

Abel Caballero avanzou en rolda de prensa que a renovada bancada de Marcador vai denominarse “Grada de marcador centenario”, como homenaxe aos cen anos de historia do Celta de Vigo. É unha das decisións que trasladará este martes á Federación de Peñas no marco da reunión que se celebra no Concello e na que tamén poñerá no seu coñecemento que lles “imos ceder locais a aquelas peñas que estean activas neste momento e que precisen ese espazo para poder desenvolver o seu traballo. Poderán ter un despacho para programar o seu traballo como peñas do Celta”, sinalou o alcalde, engadindo que “queremos que teñan a súa propia presenza no Estadio de Balaídos”.

Leer más:   O MARCO expón ata agosto a mostra "Dexesando ser" do artista Daniel Verbis

Ademais, Caballero recibe á Agrupación de ex xogadores do Celta para comunicarlles que o goberno municipal lles cederá un local respectando a localización que xa tiñan na zona da Bancada de Tribuna, co fin de que poidan levar adiante a súa actividade nun espazo propio.

Con todo, afirma o rexedor, “a homenaxe máis importante do centenario é o novo estadio de Balaídos que estamos facendo o Concello e a Deputación, sen achegas da Xunta de Galicia”, un estadio renovado que “queremos que sexa un gran centro referencial do deporte de toda Galicia. Esta é a visión: é o estadio do Celta de Vigo, das peñas, dos ex xogadores e de tantas agrupacións deportivas que terán alí os seus locais e a súa referencia”.

Leer más:   Vías e Obras O goberno municipal humanizará a rúa República Arxentina A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de pavimentación que permitirá conservar e mellorar as características funcionais da vía.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno municipal suma dúas naves do Vao ás instalacións deportivas municipais
Artículo siguienteVías e Obras Vigo Vertical A posta en marcha da rampla de Carral culmina a gran praza de Porta do Sol O Concello adianta os prazos para a instalación da rampla de Carral, que estará operativa a finais do mes de marzo. Deste xeito, complétase a gran remodelación da Porta do Sol, mentres continúan os traballos do túnel que unirá Torrecedeira e Policarpo Sanz.