Categorías: Últimas Noticias

Vigo presenta o proxecto para a revitalización do casco histórico de Bouzas aos fondos europeos de Turismo

Abel Caballero deu conta do proxecto que inclúe, entre outras cuestións, a renaturalización do litoral, a humanización da rúa do Pazo e traballos para que a Brincadeira sexa Festa de Interese Turístico Galego. O Concello solicita 2.032.000 euros na convocatoria do Ministerio de Industria Comercio e Turismo no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliciencia financiado cos fondos europeos Next Generation EU.

O Concello de Vigo concorre á convocatoria do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado cos fondos europeos Next Generation EU, co proxecto para a revitalización do casco histórico de Bouzas.

A Xunta de Goberno aprobou a participación de Vigo cunha solicitude de 2.032.000 euros para seguir catro eixos estratéxicos na súa acción no conxunto patrimonial e histórico de Bouzas: transición verde e sostible, mellora da eficiencia enerxética, competitividade e transición dixital.

Con todo, Abel Caballero detallou que o proxecto para o casco histórico de Bouzas inclúe a renaturalización do litoral “que conéctase coa obra que estamos a facer de recuperación coa creación de espazos verdes e plantación de especies autóctonas de arborado”. Tamén haberá un plan de residuos para os establecementos hostaleiros para a recollida de lixo “porta a porta”.

Tamén se humanizará a rúa do Pazo “para primar o tránsito peonil e renovación de saneamento e abastecemento”. Outro dos puntos será a transformación da iluminación do casco histórico para transformala en artística, funcional e patrimonial de xeito eficiente.

O goberno local tamén aposta pola dixitalización, coa creación dun microsite para a promoción e información para o turista do casco histórico de Bouzas e a Brincadeira con recursos dixitais do patrimonio cultural, natural e inmaterial.

Precisamente, a Brincadeira é un dos proxectos que o goberno local preparar con estes fondos para a súa declaración de Interese Turístico Galego. “É un éxito e unha romaría urbana polo que temos que darlle un impulso”, comprometeu o rexedor.

Toda a acción estará documentada nun ente xestor encargado da avaliación do impacto e seguimento da xestión “para impulso de toda a acción comercial, turística e da hostalería e das festas de Bouzas”, concluíu

Redacción

Entradas recientes

O alcalde coñece o “hospital a bordo” de Vithas para buques en alta mar

Escoitar Abel Caballero visitou o Hospital Vithas Vigo onde a dirección do centro fixo un…

11 horas hace

Más de 1.000 escolares gozan das artes escénicas nas "XIV Xornadas de Teatro"

Escoitar Gozar da interpretación escénica, aprender a estar nun escenario e a expresarse en público.…

11 horas hace

Alumnos de Compañía de María percorren os escenarios da Reconquista co programa municipal "A máquina do tempo"

Escoitar O alcalde explicou este martes aos 35 alumnos do Colexio Compañía de María que…

11 horas hace

Persoas usuarias da Cruz Vermella visitan o Concello

Escoitar O alcalde saudou este martes a un grupo de maiores, usuarios de diferentes servizos…

11 horas hace

Abel Caballero: "Abril foi un mes excepcional en xeración de emprego"

O alcalde da cidade realizou unha valoración tras coñecer os bos datos de emprego que…

11 horas hace

Esta web usa cookies.