Inicio Últimas Noticias O goberno municipal inicia a humanización da Avenida de Europa co asfaltado...

O goberno municipal inicia a humanización da Avenida de Europa co asfaltado da calzada

Os traballos comezan hoxe desde a zona de Samil en dirección Castelao. O goberno local habilitará sempre un carril de circulación en ambos sentidos para permitir o tránsito de vehículos. O Concello ten previsto actuar en 60 rúas por un importe de máis de 7 millóns de euros.

O Concello inicia a obra de humanización da Avenida de Europa co asfaltado da calzada. O goberno local inviste 300.000 euros no inicio da obra na que, segundo o propio alcalde, será una ampliación do corredoiro verde da Avenida de Castelao, con beirarrúa, carril bici e bosque: “Imos facer unha gran Avenida”, declarou en rolda de prensa.

Para favorecer o tráfico na zona, Abel Caballero informou en rolda de prensa que haberá un carril de circulación en ambas direccións. Tamén no tramo de máis afluencia, entre a VG-20 e os volcáns, as obras acometeranse de madrugada.

Leer más:   Educación Alcaldía Os colexios públicos de infantil terán 355.000 euros para o programa de autoxestión do mantenimento Abel Caballero anunciou este xoves que a xunta de goberno de Vigo aprobará mañá a axuda de máis de 355.000 euros destinada a colexios públicos de infantil e de primaria para cubrir o custo das reparacións para realizar nas instalacións escolares, así como unha asignación de 1.050.000 euros para a xestión das escolas municipais infantis de Tomás Alonso e Bouzas.

O alcalde tamén deu conta que “proximamente” comezarán tarefas de renovación da calzada en Tomás Alonso, Camiño Valada (Valadares), Cervantes, Avenida do Fragoso, Joaquín Lóriga, rúa Pontevedra, rúa Zaragoza, o tramo de Gran Vía entre Urzáiz e María Berdiales, rúa Porriño, rúa Padre Seixas, rúa Atlántida, rúa Cesáreo González, rúa do Carmen e rúa Nigrán.

Tamén Caballero numerou as rúas no procedemento de licitación co mesmo cometido: rúa Coruña, Marqués de Valadares, Torrecedeira, rúa Zamora, Doutor Carracido, Doutor Cadaval, Avenida Citroën, Rosalía de Castro, República Argentina, rúa Parada (Matamá), camiño Pinal (Saiáns), camiño Corredoura, Cruceiro e Galindra en Castrelos, camiño Pinguela (Valadares), rúa Penís (Cabral), rúa Párroco Don Serafín (Teis), rúa Cantabria (Teis), rúa Fonte Escura e Sabaxáns en Lavadores, camiño Sampaio de Abaixo, rúa Parrocha (Bembrive), camiño Besada (Candeán), rúa Vista do Mar (San Xoán), camiño Pousa (Castrelos), camiño Couto (Beade), camiño Rioboo e Baixada Salgueira (Salgueira), Fuchiños (Oia), estrada José Rivas (Coruxo), camiño Caringosta (Alcabre), rúa San Paio (Navia) e camiño San Xurxo (Saiáns)

Leer más:   O Concello chama a participar na gala solidaria da Asociación Bicos de Papel

“Son en torno a 60 rúas nas que imos investir máis de 7 millóns de euros”, concluíu na intervención.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO rexedor traslada a súa satisfacción ante as alternativas presentadas para a Saída Sur Ferroviaria
Artículo siguienteA Pinacoteca Municipal amosará ao estudantado a exposición “Francisco Fernández del Riego nos vieiros da arte galega”