Categorías: Últimas Noticias

Concello e Goberno de España activan a humanización da AP-9 na cidade

O alcalde anunciou que está constituída a Comisión bilateral técnica entre o Concello e o Goberno de España para a humanización da AP-9 no tramo de entrada na cidade: “Tódolos acordos que tomo coa ministra de Transportes chegan a bo fin”, declarou en rolda de prensa.

O Concello e o Goberno de España manterán unha xuntanza técnica esta semana para comezar a “poñer en común” os elementos da humanización da AP-9 no tramo de entrada da cidade. Abel Caballero anunciou que xa está constituída a Comisión bilateral técnica entre ambas institucións co obxectivo “de xerar máis espazos humanos e de utilización” na contorna da autoestrada.

O alcalde saúda “con entusiasmo” comezar a traballar sobre unha cuestión “que leva máis de 30 anos pendente”, e que ten por obxectivo darlle “rango humano e estudar reformas” para a entrada da autoestrada na cidade.

“É unha magnífica noticia”, afirmou en rolda de prensa, onde asegurou que “todos os acordos que toma coa ministra de Transportes chegan a bo fin”.

Caballero lembrou que o acordo da creación dunha Comisión bilateral vén dunha xuntanza mantida en decembro co secretario xeral de Estradas, Juan Pedro Fernández Palomino, onde tamén abordaron a renovación do convenio para reforma e humanización da Avenida de Madrid e o desenvolvemento do túnel na A-55 entre Vigo e o Porriño, ademais da humanización da AP-9.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 5 de mayo de 2024

Hoy por la mañana en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas y lluvia. Según…

13 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 4 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo el cielo estará cubierto con lluvia. Por…

2 días hace

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 59% no mes de abril

O alcalde cifrou a ocupación hoteleira por turistas internacionais nun 39% do total. A Xunta…

2 días hace

As fontes de Aragón ilumínanse o domingo polo Día mundial da hipertensión pulmonar

Escoitar O Concello súmase á conmemoración desta xornada, que se celebra en todo o mundo…

2 días hace

Caballero pon en valor o apoio ao naval coa Zona de Innovación a despregar en Navalia

Abel Caballero presentou hoxe, con David Regades, a nova Zona de Innovación 2024 que, do…

2 días hace

Esta web usa cookies.