Categorías: Últimas Noticias

Abel Caballero visita a evolución das obras da nova Estación Potabilizadora de auga da cidade

O alcalde visitou está mañá a evolución das obras da nova potabilizadora de auga da cidade: “Deixamos resolto o ciclo da auga en Vigo para os próximos 50 anos”.

Abel Caballero visitou está mañá a evolución das obras da nova estación potabilizadora de auga da cidade que se están a desenvolver nas instalacións en rúa Cantabria s/n. O alcalde puido coñecer de primeira man como se están a desenvolver os traballos de ampliación e modernización da potabilizadora onde destaca especialmente a recente colocación da cúpula do edificio de ultrafiltración que converterase no corazón da ETAP. A cúpula é unha estrutura lixeira de aluminio de 39 metros de diámetro construída no chan e izada para a súa colocación en cuberta.

A día de hoxe, as obras van a bo ritmo e estanse desenvolvendo á vez que se está garantindo o subministro de auga. Algunhas das cifras máis destacadas dos traballos desenvolvidos ata o momento son: escavación de máis de 4.300 metros cúbicos de terra, utilización de 2.625 metros cúbicos de formigón, 262.500 quilogramos de aceiro, 6.600 metros cadrados de encofrado visto, fachada composta por 49 paneis pre-fabricados de formigón armado e unha superficie de 1.030 metros cadrados, entre outros. Ademais, levouse a cabo a demolición do antigo decantador cun volume de 8.400 metros cúbicos.

Construción da potabilizadora

O edificio de ultrafiltración estase a construír sobre o decantador existente. Trátase dun innovador edificio de dúas alturas e planta circular. Na planta inferior, albergaranse as canles de floculación e remineralización e os depósitos da auga pretratada nesta fase, e o bombeo ata a planta superior, onde se situarán os sistemas de filtración e de ultrafiltración, que, cunha capacidade de filtración de partículas de 0,02 micras, fornecerá auga dunha calidade excepcional. Unha vez estea operativo, a auga ultrafiltrada conducirase, por gravidade, ao depósito de cabeceira que ten 132.000 m3 (a auga equivalente a máis de 50 piscinas olímpicas) e de aí ao sistema de distribución que pasa por ser a maior infraestrutura hidráulica de Galicia.

Con esta nova instalación, que conta cun investimento estimado de 23 millóns de euros, Vigo eleva a súa esixencia por encima da nova directiva europea sobre a auga de consumo humano, nunha clara aposta de futuro. Trátase dun proxecto revolucionario, xa que o uso de membranas de ultrafiltración para a mellora da calidade da auga na potabilización da auga dunha gran cidade como Vigo supón un fito tecnolóxico.

Unha vez que o sistema de ultrafiltración estea operativo e xa se estea producindo auga a partir del, activarase e contemplarase a remodelación da instalación ao completo e a construción dun laboratorio de última xeración, así como unha nova sala de control totalmente automatizada.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 19 de mayo de 2024

Durante la mañana en Vigo estará muy nublado con tormentas acompañadas de lluvia. Según pasen…

5 horas hace

Laliga EA Sports: jornada 37, clave para Europa League y permanencia

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

9 horas hace

Fundación CyD posiciona a UAX entre las mejores universidades de farmacia

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

10 horas hace

La familia Castellano compra 10.000 acciones de Millenium Hospitality, reforzando su inversión

Pablo Castellano Vázquez, consejero de Millenium Hospitality desde marzo, ha reforzado su apuesta por la…

10 horas hace

TÜV SÜD registra ingresos récord de 3.139 millones de euros en 2023

TÜV SÜD ha presentado sus resultados financieros globales en 2023, reportando un incremento en los…

11 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 18 de mayo de 2024

A lo largo de la mañana en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas y…

1 día hace

Esta web usa cookies.