Categorías: Últimas Noticias

O Concello oferta 3.800 prazas para os campamentos de verán de 2023

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a contratación de servizos para os campamentos deste verán que teñen un orzamento de 541.000 euros. Este ano haberá 322 prazas máis ca o ano pasado.

O alcalde informou da aprobación da contratación destes servizos aos que o goberno municipal dedica 541.000 euros para desenvolver 61 campamentos para nenas e nenos de entre 4 e 17 anos. As actividades desenvolveranse en xuño, xullo e agosto, co inicio previsto o 26 de xuño ao remate do curso escolar.

Este ano, os campamentos municipais de verán ofertan 3.800 prazas, 322 máis ca o ano pasado e 1800 máis ca en 2021 co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares. As actividades buscan o lecer, o entretemento e a participación infantil pero tamén a promoción de valores e o desenvolvemento integral dos mozos e mozas, tal e como explicou o rexedor.

Os campamentos de 2023 son os seguintes: Alcabre (Asociación Veciñal) e praia (250 prazas), Berbés (250 prazas), Centro cidade I- CEIP Doutor Fleming (250 prazas), Centro cidade II – Ceip Ramón y Cajal (250), Pavillón de Coia (325 prazas), Náutico ETEA (400 prazas), Náutico Bouzas (325), Navia (325 prazas), Samil (pavillón) praia (250), Vigosónico (325 prazas), VigoZoo (250 prazas), Travesas (500 prazas), VigoZoo con pernocta (100 prazas).

Patio Ceip Frián – Teis

A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén á contratación das obras do proxecto de cubrición do patio do Ceip Frián-Teis por un importe de 451.000 euros. O goberno de Vigo executou xa as obras de cubrición de 7 patios de colexios: Pintor Laxeiro, Balaídos, García Barbón, Canicouva, Rocío, Castelao e Carballal cando é unha “competencia da Xunta de Galicia” e ten en licitación o proxecto para o patio do Javier Sensat por 451.000 euros. Nestes momentos, o goberno de Vigo está facendo obras por valor de 900.000 euros en patios de centros escolares, tal e como apuntou Caballero.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 5 de mayo de 2024

Hoy por la mañana en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas y lluvia. Según…

20 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 4 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo el cielo estará cubierto con lluvia. Por…

2 días hace

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 59% no mes de abril

O alcalde cifrou a ocupación hoteleira por turistas internacionais nun 39% do total. A Xunta…

2 días hace

As fontes de Aragón ilumínanse o domingo polo Día mundial da hipertensión pulmonar

Escoitar O Concello súmase á conmemoración desta xornada, que se celebra en todo o mundo…

2 días hace

Caballero pon en valor o apoio ao naval coa Zona de Innovación a despregar en Navalia

Abel Caballero presentou hoxe, con David Regades, a nova Zona de Innovación 2024 que, do…

2 días hace

Esta web usa cookies.