Categorías: Últimas Noticias

O goberno local inviste 322.000 euros en obradoiros de envellecemento activo

O goberno local pon en marcha o programa de envellecemento activo con obradoiros multidisciplinares que incluirán actividades de estimulación cognitiva, formación en competencias dixitais e saídas culturais como ir ao cinema ou ao teatro. O orzamento deste primeiro lote deste contrato alcanza os 322.000 euros.

O alcalde deu conta da adxudicación dun dos lotes do servizo de envellecemento activo, que foi outorgado por un importe de 322.000 euros. Este contrato ten por obxectivo a organización de obradoiros en tres eixos. O primeiro deles prevé traballar na estimulación cognitiva (tai chi, ioga, memoria ou risoterapia); o segundo, sobre habilidades e competencias dixitais para evitar a brecha dixital e, por último, están contempladas actividades de ocio saudable vencelladas coa cultura como cinema ou teatro.

Tal e como avanzou Caballero, en breve aprobarase o segundo dos lotes, Viaxa con nós, que ofrecerá excursións e visitas a outros lugares, mentres que o terceiro lote, Coñecendo a Ría de Vigo, inclúe viaxes en barco para coñecer o fondo do mar.

O programa de envellecemento activo aumenta considerablemente o número de monitores e de horas de atención elevándoas ata as 4.8000 o que supón que case triplica a oferta anterior, segundo indicou o rexedor.

Teleasistencia

A Xunta de Goberno validou tamén unha segunda prórroga dun ano do contrato do servizo de teleasistencia domiciliaria cun orzamento de 100.000 euros. Nestes momentos, explicou o rexedor, temos 780 usuarios pero podería atenderse ata un millar de persoas. Esta prestación municipal é gratuíta e non hai lista de agarda, ao contrario do que ocorre coa que presta a Xunta que, ademais de ser de pago, hai xente esperando para acceder a este servizo.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 6 de mayo de 2024

Durante la mañana en Vigo se esperan nubes y claros con probabilidad de alguna llovizna.…

5 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 5 de mayo de 2024

Hoy por la mañana en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas y lluvia. Según…

1 día hace

El tiempo para hoy en Vigo, 4 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo el cielo estará cubierto con lluvia. Por…

2 días hace

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 59% no mes de abril

O alcalde cifrou a ocupación hoteleira por turistas internacionais nun 39% do total. A Xunta…

3 días hace

As fontes de Aragón ilumínanse o domingo polo Día mundial da hipertensión pulmonar

Escoitar O Concello súmase á conmemoración desta xornada, que se celebra en todo o mundo…

3 días hace

Esta web usa cookies.