Inicio Últimas Noticias O aeroporto de Vigo recibe este martes o primeiro voo procedente de...

O aeroporto de Vigo recibe este martes o primeiro voo procedente de Londres

Será na xornada da Reconquista cando aterre o primeiro avión procedente de Londres e volva desde Vigo ao aeroporto de Stansted.

Este martes comeza a operar o voo Vigo-Londres coa compañía Ryanair. O goberno local aposta pola conexión coa promoción de Vigo no destino, neste caso Londres, cunha subvención de 600.000 euros, aproximadamente.

Abel Caballero confía que esta conexión, fixada por contrato en principio para 2023, 2024 e 2025, “permaneza definitivamente como unha opción para o aeroporto de Vigo”. Haberá conexión de Vigo con Londres tres días á semana en temporada alta.

Leer más:   Caballero valora o liderado de Vigo no pago a proveedores

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello convoca ás familias dos solicitantes das becas municipais do programa "Vigo en inglés"
Artículo siguienteVigo incorpora 100 novos contedores marróns de residuos orgánicos con apertura coa tarxeta PassVigo