Inicio Últimas Noticias A Reconquista enche os hoteis e xa rexistran un 70% de ocupación...

A Reconquista enche os hoteis e xa rexistran un 70% de ocupación cara á Semana Santa

Abel Caballero manifestou que estes datos son “moi bos”. As previsións de cara á Semana Santa superan xa o 70%.

Abel Caballero valorou positivamente os datos de ocupación hoteleira na fin de semana da Reconquista. A ocupación media estivo cerca do 75%, con algúns hoteis ao 100% de ocupación. O sábado foi o día que máis turistas pernoctaron en Vigo cun 81% de ocupación media.

A previsión cara á Semana Santa é “moi boa”, cunhas reservas que xa superan o 70% na cidade. Sinalan desde o sector que as reservas están en aumento co avance dos días.

Para o alcalde a senda que está a seguir o sector turístico na cidade é …. A ocupación media no mes de marzo foi do 50%. A metade dos turistas foron nacionais e un 32% dos visitantes á cidade foros estranxeiros, con Portugal á cabeza (27%) seguido de Italia (7%), Francia, Reino Unido, Alemania e Estados Unidos.

Leer más:   A unanimidade do Pleno pide á Xunta a reforma dos centros educativos públicos da cidade


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello enche de actividades de vida saudable a Vía Verde
Artículo siguienteAbel Caballero participa no acto de entrega do patrulleiro Río Luna