Categorías: Últimas Noticias

O Concello enche de actividades de vida saudable a Vía Verde

O alcalde visitou este luns o parque biosaudable de Coutadas, un dos espazos da senda nos que se van desenvolver propostas de actividade física para persoas maiores, adultos, centros educativos e asociacións.

O programa “Toda actividade física conta” inclúe actividades de vida saudable para desenvolver na Vía Verde entre os meses de abril e maio deste ano 2023.

Tal e como explicou Abel Caballero “queremos que a Vía Verde se constitúa nunha zona de paseo saudable, de exercicio saudable, de ocio e esparexemento. Con ese fin, ofreceranse alternativas de actividade física para diferentes grupos de poboación nas infraestruturas da Vía Verde”, a senda peonil, o carril bici e os dous parques biosaudables: Coutadas e Mestre Chané.

As actividades deseñáronse seguindo as indicacións da Organización Mundial da Saúde e van destinadas a persoas maiores de 65 anos, persoas adultas (entre 18 e 64), familias e sete centros de educación primaria da cidade así como colectivos ou asociacións que queiran coñecer as potencialidades da Vía Verde

O calendario de accións é o que segue:

-Para persoas adultas e maiores do 4 de abril ao 12 de maio, os martes e mércores de 11:30-13:30 e de 17:30-19:30 e os venres de 17:30-19:30

-Para as familias: o 4 e 5 de abril e o 17 de maio de 17:30 a 19:30

-Para os centros educativos, colectivos e asociacións: do martes 4 de abril ao 31 de maio

Redacción

Entradas recientes

A cidade ilumínase de amarelo polo Día Mundial da Osteoxénese Imperfecta

Escoitar Este luns 6 de maio conmemórase o Día Mundial da Osteoxénese Imperfecta, unha doenza…

4 horas hace

O Concello apoia un ano máis o campus de Coruxo

Escoitar A mocidade pode elixir entre unha trintena de deportes. O campus de Coruxo está…

4 horas hace

Arrancan as XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar

O rexedor achegouse esta mañá ao Auditorio Municipal, epicentro das XIV Xornadas Municipais de Teatro…

4 horas hace

Caballero valora o liderado de Vigo no pago a proveedores

O alcalde constatou este luns que o liderado do Concello no pago a provedores tanto…

4 horas hace

O aeroporto de Vigo contará “cunha pista de aterraxe nova” tras unha remodelación “programada a enorme velocidade”

Abel Caballero trasladou esta mañá a súa valoración respecto a “gran mellora” coa que contará…

4 horas hace

Esta web usa cookies.