Inicio Últimas Noticias “Vigo rúa máxica” leva o ilusionismo ás rúas da cidade esta semana

“Vigo rúa máxica” leva o ilusionismo ás rúas da cidade esta semana

O I Festival de maxia de rúa “Vigo rúa máxica” desenvólvese dende este xoves 6 e ata o domingo 9 de abril en diferentes espazos da cidade da man de 9 magos “extraordinarios”.

Serán catro xornadas de ilusionismo da man de 9 magos en varios escenarios da cidade: Porta do Sol, Praza Independencia, Mercado Teis, Navia, Peonil do Calvario e Praza Suárez Llanos de Bouzas.

Tal e como sinalou o rexedor, Pedro Volta, Mago Teto, Héctor Sansegundo, Mago Paco, Rey Midas, Civic-Civiac, Lebart, Rafael Titonelly e Mago Marco ofrecerán os seus espectáculos de forma gratuíta nos diferentes escenarios contando coa participación do público. Cada un dos artistas do programa pasará por cada unha das prazas.

Leer más:   As fontes de Aragón ilumínanse polo Síndrome de Noonan e polo Implante Coclear

Caballero convidou á cidade a gozar desde festival de maxia de rúa que comeza este xoves 6 de abril. Ás 18-19h na Porta do Sol: Mago Teto; na Praza Independencia: Pedro Volta; no Mercado Teis: Rafael Titonelly; en Navia: Lebart; na Peonil Calvario: Rey Midas; en Bouzas-Praza Suárez Llanos: Mago Marco.

O venres 7 de abril: en Porta do Sol, 17h: Héctor Sansegundo; Praza Independencia, 17:30h: Rey Midas; ás 18h no Mercado Teis Mago Teto, en Navia: Pedro Volta, na Peonil Calvario Mago Paco e en Bouzas Lebart.

O sábado 8 de abril, na Porta do Sol, entre 12-14h e entre 17:30-20:30: Civic-Civiac e ás 17:30, 18:30, 19:30: Lebart. Ás 18 horas na Praza Independencia: Teto, no Mercado Teis: Pedro Volta, en Navia: Rafael Titonelly, na Peonil do Calvario: Mago Marco e en Bouzas: Rey Midas.

Leer más:   O goberno local incrementa a súa aportación á Asociación de Personas Sordas de Vigo

O domingo 9 de abril remata o programa na Porta do Sol con actuación dobre: ás 17:30, Rey Midas e ás 19:00 horas Pedro Volta.

Os magos que participan no programa:

– Pedro Volta, galego que presenta en Galicia por primeira vez o seu show inspirado na Nasa

– Mago Teto (Galicia) ofrece un espectáculo cunha roda de afiar dos anos 30 contando historias e aventuras doutros tempos

– Héctor Sansegundo (Castela e León), trae o seu espectáculo de improvisación, humor e maxia co que percorreu teatros e salas de China, Latinoamérica, Portugal e España

– Mago Paco (Galicia). Espectáculo con elementos visuais rechamantes coa participación activa do público infantil

– Rey Midas (Arxentina) presenta un espectáculo protagonizado por un chef que busca a receita perfecta con moito humor

Leer más:   "Necesita una inspección o una denuncia": Los vecinos de Vigo, indignados con esta cafetería

– Civic- Civiac (Navarra) propón xogos de participación para todo o público nunha instalación de 350 metros cadrados

– Lebart (Arxentina) realiza maxia con humor intelixente con shows con malabares e clown

– Rafael Titonelly (Brasil), un dos ilusionistas máis coñecidos de Portugal, participante de Got Talent, trae a Vigo o seu espectáculo de maxia e humor

– Mago Marco (Portugal), novo artista con experiencia no mundo da animación e o espectáculo


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello aproba as bases do Vigo Emprega 2023
Artículo siguienteVías e Obras O goberno municipal prepara un plan de tráfico para o asfaltado de varios viais O alcalde informou do bo funcionamento dos plans de tráfico nas recentes actuacións nas rúas Barcelona e Zaragoza. Poranse en marcha novos plans para o asfaltado da Avenida Atlántida que comeza este mércores. Onte a noite asfaltouse o tramo baixo da Gran Vía.