Inicio Últimas Noticias A Xunta de Goberno aproba a licitación dos cursos do Centro de...

A Xunta de Goberno aproba a licitación dos cursos do Centro de Formación

O alcalde deu conta do inicio da contratación dos itinerarios formativos que se desenvolverán no novo Centro de Formación da rúa Alta a partir do mes de xuño. Tamén se aprobaron subvencións ao deporte e a cultura.

Abel Caballero deu conta da aprobación na Xunta de Goberno da contratación dos itinerarios formativos no novo centro de formación da rúa Alta no Casco Vello. A licitación dos tres cursos suma un investimento de 162.000 euros, financiado cos fondos europeos FEDER no proxecto DUSI. “A docencia comezará cando rematen as obras do novo centro”, informou o rexedor. O primeiro dos cursos é a atención sociosanitaria a persoas no domicilio, outro trata sobre a redución da fenda dixital a través do teléfono móbil e, por último, obradoiros de habilidades sociais, competencias persoais, xénero, autoestima, procura de emprego, cidadanía e integración.

Leer más:   Festas e Animación Sociocultural Abel Caballero: “O 17 de agosto teremos a Melendi en Castrelos” O rexedor vigués desvelou este mércores a primeira actuación do programa Vigo en Festas deste verán, o artista ovetense Melendi, “un dos concertos máis solicitados polas viguesas e vigueses”.

Cultura

A Xunta de Goberno tamén aprobou a subvención á Coral Casablanca de 27.500 euros para o período dun ano. “É para desenvolver 10 concertos”, informou o rexedor. Tamén se aprobou outra subvención de 10.000 euros para a Asociación Cineclube Lumier para a programación de cine en versión orixinal no Auditorio Municipal.

Deporte

O alcalde tamén deu conta da subvención ao Real Club Celta de Atletismo, tanto feminino como masculino, para o desenvolvemento das súas actividades por un importe de 40.000 euros. A Xunta de Goberno tamén aprobou 14.000 euros para o desenvolvemento das actividades na tempada deportiva 2022-2023.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAlejandro Sanz, en Castrelos o 27 de xullo
Artículo siguienteBenestar Social Educación A Xunta de Goberno outorga as axudas municipais a familias O Concello comenzará a semana que vén a transferir as axudas de libros ás familias que cumprimentaron a solicitude de forma correcta. Son 20.756 as becas xa aprobadas e quedan pendentes de subsanar outras 1.955 demandas que recibirán os 205 euros por alumno tan pronto acheguen a documentación pendente.