Inicio Últimas Noticias Vigo recibe máis de 10 millóns de euros para Zonas de Baixas...

Vigo recibe máis de 10 millóns de euros para Zonas de Baixas Emisións e Vigo Vertical

Abel Caballero deu conta do anuncio no Boletín Oficial de Estado no que se notifica por parte do Goberno de España a aprobación dos proxectos presentados á convocatoria do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

As Zonas de Baixas Emisións e os proxectos de Vigo Vertical – a rampla mecánica do Colexio Losada a Ramón Nieto, do centro de saúde a Ramón Nieto, a rampla e ascensor entre Travesía e Aragón, a rampla mecánica do centro de saúde de Teis e o ascensor entre Romil e Hispanidade – serán financiados con 10.161.385 euros del Gobierno de España, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado cos fondos europeos Next Generation EU.

Leer más:   Abel Caballero reclama e ve "imprescindible" a gratuidade da peaxe da autoestrada AP9

O alcalde deu conta da publicación no BOE da relación provisional de admitidos, onde aparecen publicados todos os proxectos presentados á convocatoria do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. As Zonas de Baixas Emisións, que inclúe o sistema de videovixilancia, recibirá 4.055.281 euros; a rampla mecánica do Colexio Losada 1.647.458 euros, a do centro de saúde de Lavadores 1.349.638 euros, o corredor mecánico entre Travesía e Aragón, que inclúe o ascensor a rampla, 1.190.508 euros, a rampla do centro de saúde de Teis 972.972 euros e o ascensor entre Romil e Hispanidade 945.528 euros.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Vigo, 27 de abril de 2023
Artículo siguienteO goberno municipal aproba en Xunta de Goberno subvencións para tres entidades deportivas de elite da cidade