Inicio Últimas Noticias O Concello reforza o servizo de recollida de papel e cartón comercial

O Concello reforza o servizo de recollida de papel e cartón comercial

Increméntase a recollida deste tipo de residuo de xeito que os establecementos comerciais poden solicitar un servizo “porta a porta” baixo demanda previa. Actualmente, existen preto de 40 puntos, entre zona Príncipe e zona Calvario, nos que os comercios poden depositar o papel e cartón.

Ao longo do ano, recóllense na cidade de Vigo un total de 550 toneladas de cartón, un feito que levou ao Concello de Vigo e FCC a estender o servizo de recollida de papel e cartón comercial a novas zonas comerciais sensibles de xerar este tipo de residuo.

O alcalde informou que o Concello pon en marcha un servizo de asistencia “porta a porta”, baixo demanda previa chamando ao 900 859 660 en horario de mañá e recollida no punto indicado pola concesionaria, a partir das 23:00 horas. Na actualidade, existen preto de 40 puntos, entre zona Príncipe e zona Calvario, nos que os comercios poden depositar o papel e cartón.

Leer más:   María Xosé Queizán, Premio Laxeiro 2024

Para reforzar este servizo de recollida de cartón comercial, incorporaranse dous novos vehículos de gas natural, etiqueta ECO, de caixa aberta basculante de 10 m3.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Pleno aproba destinar 1,8 millóns adicionais ás festas de Vigo e ao Marisquiño
Artículo siguienteO certame de pintura de Vigolandia premia a 46 escolares da cidade