Inicio Últimas Noticias O Pleno insta á Xunta a apoiar a difusión do Nadal de...

O Pleno insta á Xunta a apoiar a difusión do Nadal de Vigo de xeito similar á que realizan co Xacobeo

A moción socialista esixindo á Xunta de Galicia a gratuidade dos libros de textos e materiais curriculares recibiu o voto negativo do grupo popular.

Co voto favorable do PsdeG vigués, e o voto contrario dos oito concelleiros de PP e BNG, a Corporación Municipal aprobou esta mañá unha moción instando á Xunta de Galicia a que dedique ao Nadal da cidade un orzamento similar ao do Xacobeo para difundilo por toda España co obxectivo de incentivar máis visitas á urbe durante estas festas.

Carlos López Font sinalou que co Nadal “púxose a VIGO no mapa”, converténdose nun “fenómeno turístico”, do que “ninguén dubida en recoñecer e todo o mundo trata de imitar”. Os socialistas solicitaron que ao Goberno autonómico que apoie o Nadal vigués coa convocatoria dun bono de incentivación económica, continuando co éxito “da fin de semana tan especial da que vimos, coas rúas cheas”.

Leer más:   Víctor Manuel en concerto en Castrelos o 14 de agosto

Moción esixindo á Xunta a gratuidade dos libros de texto

A concelleira de Educación, Olga Alonso, explicou que “no contexto social e económico que vivimos é precisa unha aposta decidida polas familias e pola educación”, cunha axuda por parte da Xunta de Galicia “de polo menos 205€ por alumno, como fai este ano o Concello de Vigo”. A moción tivo o apoio de 17 concelleiros (do grupo socialista e o BNG) e os 5 en contra do Partido Popular.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello urxe á Xunta unha partida en 2024 para ampliar o túnel de Beiramar
Artículo siguienteFallece a los 47 años en Vigo “El Hematocrítico”, el carismático tuitero y escritor gallego