Inicio Últimas Noticias O alcalde dá a benvida aos 21 axentes locais que se incorporan...

O alcalde dá a benvida aos 21 axentes locais que se incorporan á Policía Local

Abel Caballero entregou as divisas aos 18 homes e 3 mulleres que toman posesión como funcionarios de carreira logo de finalizar o período de prácticas de xeito satisfactorio e despois de ter aprobada a oposición.

A Policía Local de Vigo suma 21 novos axentes, 18 homes e 3 mulleres, que este mércores recibiron as súas divisas de mans do alcalde que se referiu á “gran capacidade de actuación” dos efectivos municipais e á dotación de material do Corpo que ten como obxectivo “seguir mellorando” o servizo que presta.

Tal e como sinalou o rexedor, a Policía Local de Vigo conta nestes momentos con 330 efectivos: 1 intendente, 2 inspectores principais, 12 inspectores, 24 oficiais e 291 axentes.

Leer más:   Alumnado do Colexio Monterrey percorren os escenarios da Reconquista do programa municipal "A Máquina do Tempo"


- Te recomendamos -
Artículo anteriorNueva marca en LaLiga: 74% de ocupación en estadios en la primera vuelta
Artículo siguienteO rexedor valora o labor do albergue municipal