Inicio Últimas Noticias A Xerencia de Urbanismo aprobará o convenio para a construción do IES...

A Xerencia de Urbanismo aprobará o convenio para a construción do IES de Navia

O alcalde celebra que a mocidade de Navia vaia dispoñer dun instituto na súa zona de residencia e valora que xa non “hai marcha atrás” na decisión da construción, logo da sinatura do convenio entre o Concello e a Xunta.

O alcalde avanzou que o Consello da Xerencia de Urbanismo dará luz verde o vindeiro martes ao convenio de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia para a construción do instituto de ensino secundario en Navia. A este primeiro trámite, séguelle a aprobación por parte da Xunta de Goberno Local e, posteriormente, a sinatura do documento pola Alcaldía.

“Por fin conseguimos que a Xunta se involucrara. Tardou dous anos en darse de conta de que necesariamente tiña que asignar no convenio o compromiso e as partidas orzamentarias”, sinalou Caballero. Segundo recolle o convenio, o Concello achega unha parcela de 12.576 metros cadrados que puxo a disposición da Xunta, quen redactou o proxecto por un importe de 328.118 euros e compromete tres partidas de 103.769 euros en 2024, de 6.761.639 en 2025 e de 6.761.639 euros en 2026.

Leer más:   Abel Caballero reclama e ve "imprescindible" a gratuidade da peaxe da autoestrada AP9

Para o alcalde, a construción do IES de Navia é unha decisión “absolutamente irreversible. Desde a sinatura do convenio xa non hai marcha atrás e a Xunta está obrigada a facelo” e trasladou a súa ledicia porque a mocidade de Navia poida estudar nun centro educativo da súa zona.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO inicio da humanización da rúa Val Miñor avanza a mellora da contorna de Balaídos
Artículo siguienteO goberno local apoia a Reconquista con 155.000 euros