Inicio Últimas Noticias O Auditorio Mar de Vigo acollerá o Torneo Internacional de Billar

O Auditorio Mar de Vigo acollerá o Torneo Internacional de Billar

O campionato disputarase no Hall principal do Auditorio Mar de Vigo os días 28, 29 e 30 de Marzo. Abel Caballero cualificou como “éxito total” este evento que atraerá participantes de 16 países.

O campionato disputarase no hall principal do Auditorio Mar de Vigo os días 28, 29 e 30 de Marzo. Disputarase en 9 mesas de billar profesional da marca Rasson Mr. Sung, mesas de primeiro nivel mundial e coas que comeza unha nova era no billar pool xa que é o primeiro campionato que se fai en España nestas mesas nas que se están xogando moitas das probas do circuíto mundial.

Abel Caballero participou na presentación xunto ao presidente da Federación Galega de Billar, que destacou o “éxito total do evento que traerá 64 xogadores de 16 países”.

Leer más:   Vías e Obras Alcaldía Vigo, pendente informe de Patrimonio da Xunta para comezar a remodelación da Avenida de Madrid O goberno municipal vén de recibir o informe positivo de Augas de Galicia autorizando as obras de remodelación da vía e pide “celeridade á Xunta” na tramitación do permiso autonómico.

Este campionato é puntuable para a clasificación mundial de Bola 9 WNT (World Nineball Tour). O WNT é o circuíto de billar pool máis prestixioso do mundo e está encabezado por Francisco Sánchez Ruíz, xogador murciano actual número 1 do mundo e campión mundial de Bóla 9. Francisco Sánchez Ruíz encabeza unha ampla delegación de xogadores españois con David Alcaide Bermúdez (actual número 9 mundial) e Jonás Souto (excampión do mundo Junior) entre outros.

O horario de comezo será ás 10:00 horas os 3 días, quedando as roldas finais para o sábado 30 de marzo a partir das 12:00 horas. A final está prevista para as 21:00 horas.

O FSR91 Nineball Open repartirá un total de 25000€ en premios dos cales 6000€ serán para o vencedor.

Leer más:   Vigo, pendente informe de Patrimonio da Xunta para comezar a remodelación da Avenida de Madrid


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO padrón fiscal do imposto sobre vehículos inclúe exencións fiscais para 54.688 propietarios
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 23 de marzo de 2024