Inicio Últimas Noticias O padrón fiscal do imposto sobre vehículos inclúe exencións fiscais para 54.688...

O padrón fiscal do imposto sobre vehículos inclúe exencións fiscais para 54.688 propietarios

O parque móbil de Vigo conta cun total de 202.733 vehículos, segundo consta no padrón municipal do imposto, que reflicte un ano máis o aumento de motocicletas e ciclomotores, segundo destacou o alcalde este venres. “Trátase dun sistema de transporte ao que Vigo se adapta especialmente ben e que, efectivamente, continúa o seu ascenso”, afirmou.

Abel Caballero explicou hoxe que o parque móbil do Concello de Vigo está integrado por máis de 150.000 turismos; 229 autobuses; 42.143 motocicletas e ciclomotores e 5.355 camións.

O alcalde avanzou que o padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica deste ano contempla que 54.688 propietarios de vehículos contarán cunha exención fiscal. “Son 1.800 máis que o ano pasado”, indicou Caballero, tras recalcar que o importe das deducións fiscais elévase a 2.153.000 euros”.

Leer más:   Os alumnos do CEIP Santa Mariña de Cabral avanzan na actividade municipal co programa "Coñece o teu Concello"

Con estes datos, o rexedor constata que Vigo ten “un parque de vehículos singularmente notable, cun incremento no número de motos e cun número importante de deduccións fiscais para vehículos de características contempladas pola norma”. Lembrou que as exencións fiscais abarcan desde o 100, ao 75 e ao 50 por cento.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Xerencia de Urbanismo aprobará o convenio para a construción do IES de Navia
Artículo siguienteAlcaldía O inicio da humanización da rúa Val Miñor avanza a mellora da contorna de Balaídos Abel Caballero colocou este venres, cos concelleiros Carmela Silva, Javier Pardo, e co director de operacións do Celta, Carlos Cao, a primeira pedra da "gran" humanización da rúa Val Miñor, na confluencia de Fragoso e a zona da bancada de Tribuna do Estadio Municipal de Balaídos. Avanzou que a obra, cun orzamento de 1.800.000 euros, estará lista o próximo outono.