Categorías: Últimas Noticias

O Concello urxe á Xunta a acabar co cofinanciamento dos tres centros de día de Vigo

A Corporación municipal demanda á Xunta de Galicia que asuma a competencia exclusiva que lle corresponde en temas de Benestar Social e que derrogue a obrigación imposta ao Concello de Vigo de cofinanciar tres centros de titularidade autonómica. A moción, presentada polo grupo municipal socialista, contou cos votos dos 3 edís do BNG. Os corporativos urxen á administración galega a liberar os 350.000 euros do cofinanciamento dos centros de día de Teis, Coia e Valladares, para dedicalos a outras necesidades.

O concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, destacou no pleno de hoxe a “incoherencia” que conleva a decisión da Xunta de obrigar aos concellos a prestar servizos que son da súa competencia exclusiva, “mentres que non achega os recursos correspondentes”. Apuntou que só aos 3 centros de cofinanciados, a administración local destina un total de 350.000 euros.

Aneiros incidiu en que a achega municipal é obrigada pola lei autonómica xa que no caso de non asumila “a Xunta detraería a cantidade correspondente dos servizos sociais dos 6,4 millóns da achega autonómica”. Neste contexto, o edil indicou que a administración galega “coacciona ao Concello” para cofinanciar servizos que son da súa competencia e que xestiona, “a pesar de ter recursos suficientes para prestalos”.

O concelleiro socialista, tras sinalar que dos 1.171 millóns para política social en 2024, o 15 marzo tiña dispoñibles 234, preguntouse se non se podería derrogar o cofinanciamento obligatrorio ao Concello de Vigo e permitir que este dedicase o diñeiro a outras necesidades da cidadanía.

Aneiros lembrou que o Concello destina en 2024 máis de 22 millóns de euros a Política Social e afirmar que Vigo “aforra” á Xunta preto de 15 millóns, e denunciou que desde o ano 2012, a administración autonómica mantén sen actualizar os salarios dos traballadores dos centros de día.

A portavoz de BNG, Ana Belén Martínez Piñeiro, afirmou que o obrigado cofinanciamento aos concellos dos centros de día se extende a numerosos servizos sociais, como as escolas infantís “sen permitir decisións consorciadas”. Recalcou que a “Xunta négase a liberar un gasto impropio dos concellos”.

O portavoz do PP, Fernando González Abeijón, defendeu que o Concello sumouse ao consorcio “de maneira voluntaria” e asegurou que “os centros de día son competencia municipal”.

Aprobada a moción de vivenda do BNG

A Corporación aprobou hoxe, coas abstencións do PP e do PSOE, a moción do grupo municipal do BNG para instar as administracións a adoptar medidas destinadas a frear o aumento do prezo dos alugueiros e facilitar o acceso social á vivenda en Vigo.

A edil de Urbanismo, María Xosé Caride, anunciou que o goberno local está á espera dos datos reais e actualizados que foron solicitados á Xunta sobre vivenda para estudar a declaración de zona tensionada. “Non quedamos quietos”, afirmou ao lembrar que O novo PXOM achegará un novo e importante parque de vivendas.

Redacción

Entradas recientes

Alumnado do Colexio Quiñones de León aproxímase á Reconquista co programa municipal "A máquina do tempo"

Escoitar Abel Caballero trasladou este martes a 40 alumnos do Colexio Quiñones de León a…

29 mins hace

O estudantado do CEIP Balaídos interésase pola actividade municipal no programa "Coñece o teu Concello"

Escoitar Alumnado do centro percorreu este martes as dependencias dos principais servizos do Concello de…

29 mins hace

Proxectado un novo pavillón en Cabral

O rexedor recibiu na tarde de onte ás xogadoras e corpo técnico da Asociación Deportiva…

29 mins hace

Caballero aplaude a volta do Cidade de Vigo de atletismo, este venres, "con toda a forza que merece"

O alcalde deu o pistoletazo de saída á cuadraxésima edición do Gran Premio Cidade de…

29 mins hace

O goberno local adxudica o plan para protexer máis de 900 edificios do Ensanche

O Plan Especial de Protección do Ensanche para protexer o patrimonio arquitectónico e histórico da…

29 mins hace

Esta web usa cookies.