A decisión da dirección estatal do Partido Popular de rexeitar a proposta de teito de gasto aprobada polo Goberno e polo Congreso dos Deputados, que “penaliza a Vigo en 17, 7 millóns de euros”, recibiu hoxe a reprobación conxunta dos concelleiros do PSdeG-PSOE e do BNG. Cos 20 votos dos edís socialistas e nacionalistas, o Pleno Municipal de hoxe aprobou a moción, presentada polo PSdeG-PSOE, que censura aos concelleiros populares por rexeitar no Senado a proposta de teito de gasto, e que lles “esixe” pedir desculpas á cidadanía viguesa polos preto de 18 millóns que ven comprometidos.
O voceiro do grupo municipal socialista, Carlos López Font, reprochou aos concelleiros do PP o voto en contra do seu grupo parlamentario no Senado ao plan de estabilidade orzamentaria do Goberno que propoñía un déficit dun 3 por cento para o conxunto das administracións públicas, xa que a penalización a Vigo ascende a 17,7 millóns de euros.
López Font acusou ao PP de “non querer orzamentos xerais do Estado”, á vez que reprochou á edil popular Irene Garrido que votase a favor dunha proposta que castiga a Vigo en preto de 18 millóns de euros.
Para o líder do grupo municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, os populares sacrificaron a comunidades autónomas e concellos para “cobrar unha peza de caza maior”: os orzamentos xerais do Estado.
A concelleira do PP, Irene Garrido, centrou a súa intervención en censurar ao Goberno por non aprobar os Orzamentos Xerais do Estado.
Toma de posesión
Na sesión plenaria deste luns, Patricia Iglesias tomou posesión do seu cargo como concelleira do grupo municipal popular en substitución da dimitida Marta Fernández Tapias.
O alcalde avanzou as actividades que organiza o museo a vindeira semana como parte da…
Escoitar O Concello súmase este 9 de maio á conmemoración do Día Mundial da Insuficiencia…
xoves, 9 mai 2024 Abel Caballero anunciou este xoves a aprobación por parte do goberno…
Abel Caballero anunciou este xoves a aprobación por parte do goberno local das axudas para…
As visitas guiadas á fortaleza de O Castro proseguen con éxito na cidade e xa…
Abel Caballero anunciou hoxe que a mítica banda inglesa se suma ao cartel do “Vigo…
Esta web usa cookies.