Inicio Últimas Noticias O Festival de maxia na rúa desprázase ao Auditorio Municipal da Praza...

O Festival de maxia na rúa desprázase ao Auditorio Municipal da Praza do Rei

O mal tempo impide o desenvolvemento da segunda edición de “Vigo rúa Máxica” tal e como estaba previsto na Porta do Sol, polo que os espectáculos van celebrarse no Auditorio Municipal con cambio de horario: de mércores a sábado ás 17:00 horas e o domingo ás 12:30 horas. A entrada é gratuíta ata completar aforo. Queda aprazadas tamén as actividades infantís “Vigo mundo xogo”

A programación de “Vigo rúa máxica”, que organiza o Concello, queda como segue:

– Mércores 28, 17h: Brando y Silvana, Kayto y David Navares

– Venres 29 de marzo, 17h:  Brando y SIlvana, Dani García y Carlos Adriano

– Sábado 30 de marzo, 17h: Brando y SIlvana, Kayto e Carlos Adriano

Leer más:   O Concello oferta case 4.000 prazas nos campamentos infantís deste verán

– Domingo 31 de marzo, 12:30h: Check Out e Adrián Conde

Ademais, dadas as condicións climatolóxicas, o goberno municipal decidiu adiar a celebración das actividades infantís do programa “Vigo mundo xogo” que ían desenvolverse na Praza do Rei.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorOperaciones más rápidas en la Fundación Jiménez Díaz, comparado con otros hospitales de alta complejidad
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 29 de marzo de 2024