Inicio Últimas Noticias Caballero augura "unha gran Gala do Deporte” pola calidade das candidaturas

Caballero augura "unha gran Gala do Deporte” pola calidade das candidaturas

O acto terá lugar o xoves 18 de abril no seu escenario habitual, o Teatro Afundación de Vigo, ás 20 horas, avanzou o alcalde, nunha presentación na que estivo acompañado por Pedro Costa e José Luis Romero, como representantes de Faro de Vigo e Abanca, os outros dos patrocinadores do evento, ademais dos concelleiros Manel Fernández, María Lago e Patricia Iglesias.

“Teremos unha gran Gala do Deporte”, avanzou Abel Caballero, que explicou o formato dun evento que conta con tres grandes bloques: a elección dos mellores deportistas, masculino e feminino sénior e Sub-19 (promesas) do ano 2023, as mencións especiais e o Premio Luis Miró a unha traxectoria. O alcalde sinalou que hai 77 deportistas premiados baixo o criterio das súas federacións. Serán 46 absolutos e 31 promesas, cun reparto moi equitativo entre os Sub-19 (quince rapazas e dezaseis rapazas), “o cal significa que estamos na boa dirección”, dixo, e de dezaseis mulleres e trinta homes na categoría absoluta.

Leer más:   O Concello inicia a instalación da ponte sobre a fervenza da Cova da Serpe no Lagares

O rexedor incidiu en que dous terzos dos deportistas absolutos competiron a nivel internacional e que, deles e delas, dezaoito acadaron un podio en probas europeas ou mundiais, “o que é un nivelazo”, manifestou.

A gala vai premiar tamén a seis clubs e seis deportistas de xeito especial polos seus éxitos en 2023.

José Luis Romero, responsable do Negocio Institucional de Abanca, dixo que “Abanca se sinte moi identificada coa gala e con todo o que soe a deporte, esforzo e dedicación”, mentres que Pedro Costa, director comercial de Faro, felicitouse por “celebrar cos deportistas e as súas familias un ano de méritos”.

De xeito previo á gala, Concello, Faro de Vigo e Abanca recibirán este mércores na Alcaldía a un grupo de empresas moi identificadas co deporte vigués e nese mesmo acto vaise inaugurar a exposición, xa tradicional, sobre os candidatos e candidatas do certame.

Leer más:   Vigo, pendente informe de Patrimonio da Xunta para comezar a remodelación da Avenida de Madrid

O xoves 17 terá lugar o acto específico de entrega de diplomas aos Sub-19, un día antes da gala que desvelará quen releva a Iago Aspas (fútbol) e Laura Vázquez (judo) na categoría absoluta e a Martín Iglesias (baloncesto) e Ainhoa Repáraz (atletismo) na promesa.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno local promove a construción de 27 vivendas de alugueiro social en Esturáns
Artículo siguienteCase 1.000 estudantes reciben o seu diploma polo "Vigo en Inglés"