Inicio Últimas Noticias Abel Caballero: “O 17 de agosto teremos a Melendi en Castrelos”

Abel Caballero: “O 17 de agosto teremos a Melendi en Castrelos”

O rexedor vigués desvelou este mércores a primeira actuación do programa Vigo en Festas deste verán, o artista ovetense Melendi, “un dos concertos máis solicitados polas viguesas e vigueses”.

Caballero anunciou esta mañá o concerto de Melendi, “que vai encher Castrelos de pop, rock e rumba” como indicou, subíndose o escenario “o sábado 17 de agosto”.

Este ano, Melendi celebra dúas décadas de carreira coa xira “20 anos sen noticias”, que incluirá cancións dos seus primeiros discos e un novo repertorio que non interpretará nas súas últimas xiras.

O ovetense converteuse nun dos artistas máis relevantes dos últimos tempos, convertendo algunhas das súas cancións en himnos multixeneracionais. No seus temas tamén realizou múltiples colaboracións con artistas como: Cali y el Dandee; Carlos Rivera; India Martínez ou Alejandro Sanz.

Leer más:   Proxectado un novo pavillón en Cabral

Acumula ao longo da súa carreira 24 discos de platino e máis de 3,5 millóns de exemplares vendidos. Tamén destaca pola súa faceta de coach do programa de televisión La Voz, en España e México.


- Te recomendamos -
Artículo anterior65YMÁS y Cámara de España presentan la campaña ‘El Valor Sénior’
Artículo siguienteVigo acolle o programa "Roda Academia de Cinema" do 15 ao 19 de abril coa participación de cineastas e escritores