Inicio Últimas Noticias O alcalde recibiu a membros do goberno de Pájara

O alcalde recibiu a membros do goberno de Pájara

Abel Caballero mantivo un encontro esta mañá con Alexis Alonso Rodríguez, primeiro tenente de alcalde de Pájara, e con Raimundo Dacosta Calviño, concelleiro de Emerxencias e Praias. Caballero relatou que a cidade da illa de Fuerteventura, “é un dos grandes municipios turísticos de España”. Na conversa, “falamos de posibles cooperacións entre ambos municipios”, indicou o alcalde, destacando que “dende Vigo estaremos encantados de ter unha relación fluída e colaborar cun municipio cunha extraordinaria presenza turística en toda Europa”. Na reunión tamén estiveron presentes a tenente de alcalde, Carmela Silva, e o delegado da Zona Franca, David Regades.

xoves, 11 abr 2024


Descargar todas as imaxes

Leer más:   Vías e Obras Travesía de Vigo e Aragón xa se comunican por un corredor mecánico que salva 17 metros de altura O alcalde participou esta mañá na inauguración do novo corredor do programa “Vigo Vertical” que inclúe un ascensor e unha rampla mecánica e no que se investiron máis de 1,5 millóns de euros, unha parte financiados con fondos Next Generation.

- Te recomendamos -
Artículo anteriorNourdine Bihmane es el nuevo CEO de Konecta
Artículo siguienteVías e Obras Montes, Parques e Xardíns O goberno municipal adxudica a remodelación do Parque Camilo José Cela A Xunta de Goberno Local dará o visto bo na sesión deste venres á adxudicación do proxecto de renovación do recinto que ten un importe de licitación de case 350.000 euros.