Inicio Últimas Noticias O Concello participa no "Día Internacional dos Xardíns Históricos" con visitas guiadas...

O Concello participa no "Día Internacional dos Xardíns Históricos" con visitas guiadas ao Pazo Quiñones de León

O Concello de Vigo celebrará o vindeiro venres 26 de abril o “Día Europeo dos Xardíns Históricos” con visitas guiadas ao Pazo Quiñones de León. O alcalde lembrou este xoves que a participación na actividade, que require realizar unha reserva no servizo municipal 010, é totalmente gratuíta.

Abel Caballero anunciou hoxe que, por segundo ano consecutivo, os xardíns francés e inglés, así como o conxunto do Pazo de Castrelos, sumaranse o 26 de abril á celebración do “Día Europeo dos Xardíns Históricos” cunha xornada de portas abertas que conta coa organización de visitas guiadas durante toda a xornada.

O alcalde explicou que se organizaron un total de 8 quendas, desde as 10 da mañá ás 14.00 horas e de 16 a 20.00 horas, cun máximo de 25 participantes por cada horario, para percorrer os xardíns baixo as directrices dos guías que explicarán a historia e as peculiaridades dos xardíns históricos do Pazo Quiñones de León.

Leer más:   Abel Caballero reclama e ve "imprescindible" a gratuidade da peaxe da autoestrada AP9

O rexedor apuntou que o conxunto paisaxístico do pazo vigués está incluído no roteiro europeo de xardíns históricos a proposta do Consello de Europa.

Os roteiros guiados terán unha duración dunha hora. Para participar os interesados deben anotarse a través do servizo municipal do 010.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno municipal adxudica a remodelación do Parque Camilo José Cela
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 12 de abril de 2024