Inicio Últimas Noticias A Casa das Artes acolle un “gran ciclo” de debate sobre emigración

A Casa das Artes acolle un “gran ciclo” de debate sobre emigración

O alcalde deu conta do desenvolvemento de dúas xornadas de debate – este xoves 19 de abril e o vindeiro 9 de maio- baixo o título “Olladas sobre a emigración galega a Europa”, que contarán con expertos das universidades galegas.

“Queremos que se entenda ese momento histórico e o recordo de tantas xentes que emigraron a Gran Bretaña”, explicou Abel Caballero este luns ao avanzar a celebración deste “gran ciclo sobre a emigración galega” que permitirá “analizar aquel tempo e a experiencia da cultura da emigración”.

O Concello desenvolve “Olladas sobre a emigración galega a Europa”, dúas xornadas de debate arredor da exposición “As xeracións do Montserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido”, que pode visitarse na Casa das Artes ata o 26 de maio, e que recupera o recordo das persoas que emigraron ao país británico na segunda metade do século XX a bordo do barco Montserrat.

Leer más:   Un novo ascensor conectará as rúas Marqués de Valterra e Torrecedeira

No ciclo participarán expertos de alto nivel das universidades galegas. A primeira mesa, que será este xoves, 18 de abril, ás 19 horas na Casa das Artes, coa análise das dinámicas migratorias cara ao Reino Unido e a Europa continental, as experiencias dos galegos e o legado desas migracións ata a época actual. A xornada estará coordinada por Luís Domínguez Castro, catedrático de Historia Contemporánea da Uvigo e contará coa participación de Francisco Durán, Sandra Fernández García e Xaime Varela Sieiro. A segunda mesa abordará a proxección literaria e as representacións desas migracións na cultura galega contemporánea coa coordinación de Dolores Vilavedra Fernández, profesora da USC e coa participación de María Alonso, María Xosé Porteiro e Xavier Queipo.

Leer más:   Os alumnos do CEIP Santa Mariña de Cabral avanzan na actividade municipal co programa "Coñece o teu Concello"

Non é necesaria a inscrición previa para participar ata que se complete o aforo, que queda limitado a 50 persoas.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCaballero anima aos escolares a afondar na historia da Reconquista coas visitas didácticas "A Máquina do Tempo"
Artículo siguienteUrbanismo O Concello promove 27 vivendas en Esturáns que estarán rematadas en xullo de 2026 O alcalde achegouse esta mañá á parcela municipal de Esturáns na que se vai construír un edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro social. O Concello xa está redactando o proxecto e as vivendas estarán rematadas en xullo de 2026.