Inicio Últimas Noticias O MARCO e a biblioteca Neira Vilas súmanse á programación do Día...

O MARCO e a biblioteca Neira Vilas súmanse á programación do Día do Libro

Abel Caballero deu conta das actividades que están a desenvolver o MARCO e a biblioteca municipal Neira Vilas con motivo do Día do Libro, que se celebra el 23 de abril. O Salón de Actos do museo vigués acollerá unha charla coloquio con 3 escritoras que contarás a súa experiencia no mundo literario.

O 23 de abril Vigo súmase á celebración do Día do Libro con actividades no MARCO y na biblioteca municipal Neira Vilas. Ambas institucións organizan conxuntamente unha charla coloquio no Salón do Actos no MARCO coas escritoras María Rod, María Solar e Raquel Campos Pico, que contarán a súa experiencia no mundo literario. A actividade é aberta ao público xeral ata completar aforo e desenvolverase ás 19 horas. O acto contará cunha intérprete en lingua de signos, grazas á colaboración coa Fundación La Caixa.

Leer más:   As fontes de Aragón ilumínanse de verde e laranxa polo Día da Fibrose Quística

Amais, a partir das 11 da mañá do propio 23 de abril, haberá un bookcrossing, unha solta de libros en distintas espazos da cidade. O MARCO tamén desenvolve ao longo do mes de abril os seus ciclos #MARCOconversas e #MARCOtalk.

Na biblioteca municipal Neira Vilas o 26 de abril celebrarase o ciclo “Contos dakí: Ángeles Goás”, unha actividade de contos rescatados de tradición oral.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCaballero anima aos escolares a afondar na historia da Reconquista coas visitas didácticas "A Máquina do Tempo"
Artículo siguienteUrbanismo O Concello promove 27 vivendas en Esturáns que estarán rematadas en xullo de 2026 O alcalde achegouse esta mañá á parcela municipal de Esturáns na que se vai construír un edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro social. O Concello xa está redactando o proxecto e as vivendas estarán rematadas en xullo de 2026.