Categorías: Últimas Noticias

Vigo recibirá no pavillón das Travesas á Selección Española de Baloncesto Femenino

As xogadoras nacionais enfrontaranse ás seleccións de Turquía e China o 21 e 23 de xuño, respectivamente. A Federación Española de Baloncesto pon á venda as entradas para os encontros que se disputarán no pavillón das Travesas. Vigo volverá a ser sede do evento Plaza 3×3 ao que xa poden inscribirse os clubs da cidade.

A Selección Feminina, liderada por Miguel Méndez, arrincará a súa xira de preparación para os Xogos Olímpicos deste verán en Vigo a mediados de xuño. Unha cidade que repite por segundo verán consecutivo e na que se celebrará un triangular contra Turquía e China, rival ao que tamén se enfrontará en París 2024, do 21 ao 23 de xuño no pavillón das Travesas.

O torneo está composto dos seguintes partidos: venres 21 de xuño: España vs Turquía, sábado 22 de xuño: China vs Turquía e Domingo 23 de xuño: España vs China. As entradas xa están dispoñibles na web da Federación Española de Baloncesto.

Plaza 3×3

Amais, o alcalde anunciou que Vigo volverá ser sede do Plaza 3×3 de Baloncesto, que repetirá na escenario na Praza de Vialia. O torneo desenvolverase o 22 de xuño e contará en exclusividade, fronte ás outras cidades de España, coa visita da Selección Española de Baloncesto Femenino. Os equipos interesados poden inscribirse na web www.3×3.feb.es.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 19 de mayo de 2024

Durante la mañana en Vigo estará muy nublado con tormentas acompañadas de lluvia. Según pasen…

5 horas hace

Laliga EA Sports: jornada 37, clave para Europa League y permanencia

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

9 horas hace

Fundación CyD posiciona a UAX entre las mejores universidades de farmacia

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

10 horas hace

La familia Castellano compra 10.000 acciones de Millenium Hospitality, reforzando su inversión

Pablo Castellano Vázquez, consejero de Millenium Hospitality desde marzo, ha reforzado su apuesta por la…

10 horas hace

TÜV SÜD registra ingresos récord de 3.139 millones de euros en 2023

TÜV SÜD ha presentado sus resultados financieros globales en 2023, reportando un incremento en los…

11 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 18 de mayo de 2024

A lo largo de la mañana en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas y…

1 día hace

Esta web usa cookies.