Inicio Últimas Noticias O goberno municipal dedica 251.000 euros á actividade cultural da cidade

O goberno municipal dedica 251.000 euros á actividade cultural da cidade

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as subvencións a catro entidades culturais co fin de “seguir facendo de Vigo unha grande cidade da cultura”.

O alcalde deu conta este martes da aprobación por parte da Xunta de Goberno das subvencións a catro entidades culturais da cidade: 150.000 euros para a Orquestra Sinfónica Vigo 430 para desenvolver a temporada de concertos, 90.000 euros para o XXX Festival Folclórico Internacional Vigo 2024, que se celebrará durante o verán; 6.000 euros para a programación escénica que organiza a Sala Ártika e 5.000 euros para o Teatro Ensalle.

“Seguimos facendo de Vigo unha grande cidade da cultura”, engadiu Abel Caballero ,poñendo en valor o apoio municipal a estas entidades.

Leer más:   Urbanismo O goberno local adxudica o plan para protexer máis de 900 edificios do Ensanche O Plan Especial de Protección do Ensanche para protexer o patrimonio arquitectónico e histórico da cidade velará pola rehabilitación de case 900 edificios do centro da cidade. O goberno local vén de adxudicar a redacción do proxecto por un orzamento de case 400.000 euros.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo, con 12 bandeiras azuis, álzase como a grande cidade española co maior número de distintivos
Artículo siguienteAbel Caballero: "Abril foi un mes excepcional en xeración de emprego"