Inicio Últimas Noticias Vigo, con 12 bandeiras azuis, álzase como a grande cidade española co...

Vigo, con 12 bandeiras azuis, álzase como a grande cidade española co maior número de distintivos

Vigo consolidase este ano como a gran cidade co maior número de bandeiras azuis, un total de 12, concedidas pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, que se suman ás dos 5 sendeiros azuis aprobados en marzo. Así o destacou este martes o alcalde ao sinalar os areais distinguidos: O Adro, A Punta, Carril, Santa Baia, A Fonte-Tombo do Gato, Argazada, Samil, Fontaíña, Vao, Canido, Fortiñón e Rodas.

Abel Caballero destacou hoxe que as 12 bandeiras azuis anunciadas este martes pola Asociación de Bandeiras Azuis, que recoñecen todas as solicitadas por Vigo para outros tantos areais, colocan a Vigo como a cidade de España co maior número de distintivos nas praias. “Somos a cidade de España con máis bandeiras azuis nas praias”, recalcou.

Leer más:   O Concello fai entrega dunha pedra da antiga grada de Marcador como recordo

O alcalde remarcou que a estes distintivos hai que sumar as bandeiras azuis outorgadas en marzo a 5 sendeiros, xa que os catro xa recoñecidos en 2023 este ano hai que engadir a senda da ribeira polo río Lagares.

Bandeiras azuis

A listaxe de praias con bandeiras azuis está integrada por: O Adro, A Punta, Carril, Santa Baia, A Fonte-Tombo do Gato, Argazada, Samil, Fontaíña, Vao, Canido, Fortiñón e Rodas.

Os cinco sendeiros con distintivo ambiental son: Entre faros- Illas Cíes, Camiño á Beiramar Canido-Bouzas, Senda Litoral do Monte da Guía Teis – Camiño a  Beiramar, Vía Verde e Senda de Ribeira do río Lagares, segundo lembrou Abel Caballero.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorALERTA FLiRT, una nueva y muy contagiosa variable del Covid podría llegar a Vigo
Artículo siguienteO goberno municipal dedica 251.000 euros á actividade cultural da cidade