Inicio Últimas Noticias O Concello programa actividades para toda a familia no “Nadal nos Barrios”

O Concello programa actividades para toda a familia no “Nadal nos Barrios”

Instalaranse dúas carpas, en Praza Independencia e en Cronista Espinosa, no Calvario. O Albergue Municipal tamén organiza actividades de Nadal, coa celebración dunha chocolatada e unha cea.

Con motivo do Nadal, organizaranse diferentes actividades no Albergue Municipal de Marqués de Valterra, cumprindo o obxectivo de fomentar a ocupación do tempo libre dos usuarios “con actividades lúdicas, educativas e de benestar”, como sinalou o rexedor.

O día 23 de decembro realizarase unha Gran Chocolatada e unha xornada de portas abertas e visita guiada. Pola mañá realizaranse galletas de Nadal e xa a partires das 17:30h comezará a chocolatada. Ao día seguinte, 24 de decembro, terá lugar a cea especial de Nadal.

Programación “Nadal nos Barrios”

Vigo terá unha programación de Nadal todavía máis extensa, sumando actividades nos barrios con pasarúas e a instalación de dúas carpas en Praza Independencia e Cronista Espinosa (Calvario). As carpas estarán en funcionamento dende o 22 de decembro ata o 8 de xaneiro, dende ás 12:00h ata ás 22:00h, nas que o Concello realizará unha programación para o público infantil e familiar, con escolas de danza, música pop e actuacións infantís, entre outras.

  • Praza Independencia:

23/12: “Fartura de Nadal” de Rilo y Penadique (12h)
23 y 29/12: Taller manualidades los días
23/12: “El hechizo de Nora”, de Biglab (20h)
24/12: “Filipa cos contos de Nadal” de Bandullo Azul (12h)
26/12: Taller de monecos de neve (17h)
27/12: Xogos (17h)
28/12: “Globotolo” (17h)
29/12: “Cherry Sweet” (20h) de Biglab
30/12: “Soño” de Paiaso e “Black Stereo” de Biglab
02/01: “Four passengers”de Biglab y contacontos musical “Laia aprendiz de maga”
03/01: “Mago Cali” (17h)
04/01: Paiaso Popín (17.30h) e “Skarajazz” (20h) de Biglab
07/01: “Ollo piollo” (17h)
08/01: “Uxía Lambona” (17h) e “Crónicas Pop” (20h) de BigLab

  • Carpa del Calvario:

Vigo pola danza ás 18:30 horas os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 y 30 de diciembre y el 2, 3, 4, 7 y 8 de enero

Imos cantar os Reis o 27 decembro

Contos arredor do lume o 28 de decembro

“Vén a conto” de Raquel Queizás o 29 de decembro

“Canta música” de Pablo Díaz o 2 de xaneiro ás 17h

Xornada de xogos o 27 e 30 decembro

  • Pasarúas:

20/12: Navia-Teixugueiras (17.30-18:30)
21/12: Cabral (17.30-18:30)
22/12: Travesía de Vigo 1 (17.30-18:30) e 2 de 19-20h
23/12: Venezuela (17:30-18:30h) e Pizarro-Casablanca (19-20h)
24/12: Plaza Independencia (17-18h) e Camelias (18:30-19:30)
26/12: Pi y Margall (17:30-18:30) e López Mora (19-20h)
27/12: Calvario peatonal (17:30-18:30h) e Doblada (19-20h)
28/12: Castrelos (17:30-18:30h) e Fragoso (19-20h)
29/12: Florida (17:30-18:30); rúa Coruña e Praza Industria (19-20h)


- Te recomendamos -