Inicio Últimas Noticias O Concello levará a domicilio a cea de Nadal ás persoas usuarias...

O Concello levará a domicilio a cea de Nadal ás persoas usuarias do SAD e da Teleasistencia

Abel Caballero explicou que este ano, o goberno municipal facilitará o menú de Noiteboa a tódalas persoas usuarias destes servizos que vivan soas e a aquelas que convivan cun persoa en situación de vulnerabilidade. “Terán que facela en soidade pero cun menú axeitado á época”.

O goberno municipal manexa a previsión de entregar este Nadal arredor de 140 menús navideños para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar e da Teleasistencia que vivan soas e vaian a pasar a Noiteboa sen a compañía da súa familia. “Terán que facela en soidade pero cun menú axeitado á época”, engadiu.

Tal e como explicou o alcalde en rolda de prensa, este ano non haberá rango de idade para recibir o menú na casa polo que poderán gozar del tódalas persoas usuarias destes servizos que vaian cear soas en Nadal, teñan a idade que teñan. Outra das novidades deste ano é que tamén recibirán a cea a domicilio as persoas usuarias dos servizos non vivan soas pero que o seu acompañante estea en situación de vulnerabilidade.

Leer más:   O Concello inviste 1,8 millóns de euros na humanización da Avenida de Samil

O envío do Concello de Vigo está composto dunha caixa coa cea quente, a sobremesa e un pequeno obsequio do Nadal. O menú inclúe de primeiro lagostinos cocidos ao loureiro, de segundo, unha carrilleira galega confeitada ao Mencía ou bacallau á brasa con pataca panadeira e, de sobremesa, torta de Santiago. Ademais, recibirán doces do Nadal nunha caixiña especial.

Sobre as idades das persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar, Caballero explicou que a persoa de menor idade é un home de 56 anos e a maior unha muller de 96 anos. No caso do servizo de Telasistencia, a de menor idade é unha muller de 61 anos e a de maior unha muller de 97 anos. Isto reflicte, na súa opinión, a “realidade da soidade: tres mulleres e un home”, facendo referencia ao perfil dos usuarios onde a maioría son mulleres.

Leer más:   Vigo é o Concello de Galicia co maior importe de adxudicación de obra pública en 2023


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero reúnese co embaixador de España ante a Unesco, José Manuel Rodríguez Uribes
Artículo siguienteO goberno municipal oferta 250 prazas para actividades de conciliación durante o Nadal