Inicio Últimas Noticias O alcalde inaugura a exposición “Un poema para Laxeiro. Debuxos e pinturas”

O alcalde inaugura a exposición “Un poema para Laxeiro. Debuxos e pinturas”

Abel Caballero visitará esta tarde a Casa das Artes, na que se expón a homenaxe pictórica que José M. Barreiro e Antón Pulido quixeron render a Laxeiro. A exposición poderá visitarse ata o 19 de febreiro.

A exposición “Un poema para Laxeiro. Debuxos e pinturas”, realizada por José M. Barreiro e Antón Pulido e comisariada por Xosé Antón Castro, será inaugurada este xoves, 15 de decembro, ás 19h na Fundación Laxeiro, que ten a súa sede na Casa das Artes de Vigo. Como sinalou Abel Caballero, “o Concello de Vigo está envorcado neste proxecto”

Este proxecto realízase no contexto do Ano Laxeiro propiciado pola decisión da Real Academia Galega de Belas Artes, de dedicar o Día das Artes á figura de Laxeiro. Neste caso, con un proxecto expositivo no que dous artistas vinculados ao pintor rendenlle homenaxe nunha exposición conxunta.

Leer más:   A primeira xornada do torneo escolar de debate céntrase na necesidade do control da intelixencia artificial

Comisariado polo crítico Xosé Antón Castro, o proxecto integra a obra de dous consagrados artistas de linguaxes moi diferentes que, con todo, atopan puntos de diálogo, tanto no cromatismo, como na xestualidade que define as súas respectivas obras, dous elementos que funcionan como vínculo entre a obra figurativa de Barreiro e a obra abstracta de Pulido e que, como di Antón Castro, “tenden un cordón esteticamente umbilical ao dobre Laxeiro –o figurativo expresionista e o abstracto.”

O resultado concrétase nunha exposición que ocupa o espazo de exposicións temporais da Fundación Laxeiro, unha sorte de instalación pictórica sen marcos, con parte das obras dispostas a modo de políptico, un recurso co que se potencia a expansión da cor e a luz, a partir do trazo xestual, característico dos dous artistas.

Leer más:   O Concello oferta 450 novas prazas de campamentos deportivos para nenos e nenas de 6 a 14 anos

Os dous artistas concibiron a pintura, desde os seus inicios, como unha secreción de vida que poñen de manifesto na fogueira cromática das súas creacións, rendendo culto á cor por encima de todo, unha cor esencialmente cálida, prevista desde a dimensión lírica da súa concepción como rito poético e como instante da luz abrasadora que define unha identidade marcada no estilo de ambos.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCaballero destaca o gran avance dos concellos e das deputacións na asignación e na xestión dos fondos Next Generation
Artículo siguientePrevisión del tiempo para Vigo