Inicio Últimas Noticias Caballero anima á participación no concurso de microcurtas “Historias do Nadal de...

Caballero anima á participación no concurso de microcurtas “Historias do Nadal de Vigo en 90 segundos”

Abel Caballero animou a toda a cidadanía a participar no I Concurso de Microcurtas “Historias do Nadal de Vigo en 90 segundos”, tendo en conta que o prazo de entrega remata o 10 de xaneiro. Trátase de incentivar a creatividade e impulsar a cidade como plató de cinema.

O alcalde lembrou esta mañá que permanece aberto o prazo para participar no I Concurso de Microcurtametraxes “Historias do Nadal de Vigo en 90 segundos” no que poden participar realizadores e afeccionados de todas as idades creando pezas audiovisuais cun máximo de 90 segundos de duración. Caballero animou a toda a cidadanía a participar nun certame que pretende incentivar a creación audiovisual arredor do Nadal de Vigo e potenciar a urbe como estudo de cinema. O concurso está impulsado desde a Vigo Film Office, organismo dependente do Concello de Vigo.

Leer más:   O Paseo do Lagares avanza coa instalación de dúas pontes na zona de Lavadores

Tal e como expuxo o rexedor, os vídeos poden ser rodados con calquera tipo de dispositivo, co único requisito de que se desenvolvan no Nadal de Vigo e que non superen os 90 segundos. Entregaranse sete premios valorados nun total de 2.600 euros nas seguintes categorías: mellor microcurta, Mellor microcurta dunha escola de audiovisuais, microcurta máis orixinal, Mellor microcurta de animación, Premio do Público á microcurta máis votada. Mellor microcurta realizado por un menor e Mellor microcurta dun autor de fóra de Galicia.

O prazo de presentación dos vídeos remata o 10 de xaneiro. As pezas deberán enviarse a unha plataforma aloxada na páxina web da Vigo Film Office (www.vigofilmoffice.com) na que todos os participantes que cumpran coas bases poderán visualizar os seus vídeos durante as datas nas que estea aberta a convocatoria. Do 1 ao 15 de febreiro, o público poderá votar entre os vídeos seleccionados, de onde sairá o Premio do Público. Os gañadores no resto de categorías serán elixidos por un xurado composto por profesionais do sector audiovisual e membros da Vigo Film Office e do Concello de Vigo.

Leer más:   O Concello amplía as prestacións do servizo de teleasistencia, gratuíto para os usuarios


- Te recomendamos -
Artículo anterior¡Ojo! el jersey navideño más hortera de Vigo tiene ‘premio’
Artículo siguienteO Concello inviste 385.000 euros na cubrición da pista deportiva da escola infantil Vila Laura