Inicio Últimas Noticias O Pleno aproba definitivamente o estudo de detalle para o World Car...

O Pleno aproba definitivamente o estudo de detalle para o World Car Center

A sesión ordinaria do Pleno Municipal deu luz verde ao estudo de detalle do edificio que albergará, en Alcalde Portanet, a actividade do clúster da automoción de Galicia.

Cos votos favorables do grupo municipal socialista e dos populares e a abstención do Grupo mixto e do concelleiro non adscrito, a Corporación Municipal aprobou este mércores de forma definitiva o estudo de detalle para o World Car Center formulado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo. O trámite permitirá avanzar na construción das edificacións previstas nas parcelas 34-36, 38, 40 e 42 da Avenida Alcalde Portanet.

A edil de Urbanismo, María José Caride, explicou na súa intervención que o estudo de detalle quere reaxustar o proxecto, as aliñacións e os rasantes das parcelas afectadas, ao que recolle o planeamento urbanístico vixente e que inclúe actuacións como un paseo de 35 metros de longo sobre o río Lagares, unha mellor integración co río respectando os 5 metros de servidume de protección do río, configurando unha senda nova pola marxe esquerda do río ao carón do estadio de Balaídos.

Leer más:   Cómo detectar si tienes croquetas congeladas con trozos de plástico en tu nevera de Vigo

O concelleiro non adscrito, Xabier Pérez Igrexas, trasladou as súas dúbidas sobre o impacto das volumetrías e o impacto ecolóxico da construción pola proximidade ao río Lagares, puntos nos que coincide Rubén Pérez Correa, voceiro do grupo mixto, que cuestionaou a integración do edificio na contorna. Alfonso Marnotes, voceiro do grupo popular, expuxo o seu acordo co emprazamento e o apoio ao proxecto ao entendelo como unha demanda do sector da automoción.

María Xosé Caride rematou a súa intervención explicando que o World Car Center é “unha actuación polo futuro da cidade, polo futuro da automoción e unha aposta pola economía e a boa arquitectura”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello licita a humanización da rúa Pablo Iglesias por un importe de 1,3 millóns
Artículo siguienteVías e Obras Alcaldía Turismo e Comercio Seguridade, tráfico e transporte O Nadal de Vigo loce nos autobuses de Avanza Tres autobuses da empresa que xestiona o transporte urbano da cidade percorrerán as estradas españolas con publicidade “gratuíta” do Nadal da cidade. Caballero avanza o mantemento da subvención aos billetes do transporte urbano