Inicio Últimas Noticias O Belén Monumental rexistra 150.521 visitas

O Belén Monumental rexistra 150.521 visitas

Vigo sitúase como a cidade galega con máis visitantes estranxeiros de xaneiro a novembro de 2022. O Concello duplicará a súa achega as rondallas.

O elevado número de visitas do Belén da Casa das Artes “é unha mostra do nivel de afluencia do alumeado de Nadal de Vigo” como sinalou o rexedor na rolda de prensa matinal, superando os 150.000 visitantes dende a súa apertura o 26 de novembro. Tanto o xoves 8 como o sábado 10 de decembro alcanzáronse os días con maior número de visitas, por enriba das 7.800 persoas. Caballero tamén destacou que “o día 3 e o 4 accederon o Belén máis de 4.600 visitantes”.

Ocupación hoteleira

O primeiro fin de semana de xaneiro deixou na cidade unha cifra superior ao 60% de ocupación. Durante as fins de semana de decembro Vigo “superaron o 95%” e cuns “niveis de ocupación en todo o Nadal, superior o 85%” situando “récords inigualables” como enfeitizou o rexedor. Engadiu que “na medición do INE con rexistros de teléfonos móviles, Vigo xa é a cidade galega con máis visitantes estranxeiros. Vigo tivo 172.572 turistas, fronte os 152.045 turistas de Santiago”.

Leer más:   Alumnado do CEIP Sobreira-Valadares visitan os principais departamentos do Concello

Rondallas

O rexedor tamén falou en rolda de prensa do IV Certame de Rondallas Cidade de Vigo, que tivo lugar onte no Pavillón de As Travesas, coa participación de CSCR de Beade; Peña de Freixo-Valladares; SCDR Helios de Bembrive e do CVC de Valadares. Caballero quixo sinalar que “o ano que ven duplicarémoslle a achega económica” pasando dos 2.000€ ata os 4.000€ a cada unha.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA antiga Casa de Labradores xa é patrimonio público municipal
Artículo siguienteVías e Obras Vigo Vertical Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia O alcalde define o HALO como “unha obra de arte” que contará con iluminación nocturna O alcalde deu conta esta mañá do avance das obras do HALO explicando que nestes momentos estase a executar a cimentación da torre principal de formigón que terá unha altura aproximada de 40 metros desde a rúa Serafín Avendaño. O proxecto prevé a instalación de iluminación nocturna con dous aeroxeneradores que proporcionarán ao conxunto da obra enerxía limpa todo o ano.