Inicio Últimas Noticias O Concello valora co profesorado a convocatoria de bolsas de inmersión lingüística...

O Concello valora co profesorado a convocatoria de bolsas de inmersión lingüística en alemán

Abel Caballero mantén este luns unha reunión cun grupo de profesores e profesoras de alemán da cidade para abordar a posibilidade de estender o programa de bolsas de inglés a alumnado do idioma xermano.

O goberno de Vigo ten comprometida xa a ampliación do programa de inmersión lingüística ao francés e agora estudará a posibilidade de facelo tamén co alemán. Con ese fin, o rexedor recibe este luns a profesorado de alemán da cidade con quen abordará todas as cuestións necesarias para poder desenvolver este proxecto.

Tal e como apuntou Caballero, o programa de inmersión lingüística municipal “Vigo en inglés” envía cada ano a preto de 1.000 alumnos a aprender o idioma ao Reino Unido ou Irlanda, mediante unha estadía de tres semanas. O Concello estuda xa a convocatoria das bolsas de inmersión lingüística en francés, para o que será necesario contar cun número mínimo de cincuenta alumnos, e ábrese á posibilidade de que o alumnado vigués estude tamén alemán cunha bolsa municipal.

Leer más:   ALERTA EN Vigo ante la plaga de cucarachas resistentes a insecticidas que ya podrían estar en tu casa


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno local habilita seis camas máis no albergue ante as previsións de baixas temperaturas
Artículo siguienteBenestar Social Os Coidadores de Barrio prestaron 13.262 servizos de acompañamento durante o 2022 O alcalde destacou que se trata “dun servizo que se presta en toda a cidade de Vigo”. Todos os usuarios superan os 60 anos e case a metade contan con algún grao de discapacidade.