Inicio Últimas Noticias O Concello aproba a construción de 44 vivendas protexidas

O Concello aproba a construción de 44 vivendas protexidas

O alcalde informou este venres en rolda de prensa do inicio do expediente de venda con poxa pública de dúas parcelas do Patrimonio Municipal do Chan: unha en Quirós e outra en Vázquez Varela.

Tal e como explicou o rexedor, con este trámite iniciado pola Xerencia de Urbanismo, “damos luz verde á construción de 44 vivendas protexidas na cidade”, un dos polos da acción urbanística municipal.

Ponse en marcha así o expediente de venda con poxa pública de dúas parcelas do Patrimonio Municipal do Chan, unha situada na zona de Quirós e outra en Vázquez Varela. Son terreos que “sacamos á venda condicionados a que se constrúan vivendas de protección”, sinalou Caballero, engadindo que o Concello prevé tamén a construción de vivenda protexida en réxime de alugueiro no parque de Santa Cristina.

Leer más:   Travesía de Vigo e Aragón xa se comunican por un corredor mecánico que salva 17 metros de altura


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEscapadas de Semana Santa: vuela a estos destinos desde Vigo
Artículo siguienteA cidade garda cinco minutos de silencio en solidariedade co pobo ucraíno