Inicio Últimas Noticias Caballero urxe á Sareb a acelerar as obras de reparación das vivendas...

Caballero urxe á Sareb a acelerar as obras de reparación das vivendas coñecidas como Privada Moderna

O alcalde deu conta esta mañá da resolución xudicial que avala a orde que o Concello trasladou á Sareb en 2017 para que se fixera cargo das obras de reparación de Privada Moderna. Neste punto, instou á entidade a acelerar estas actuacións neste inmoble, situado no Calvario.

O alcalde urxe á Sareb a facerse cargo das reparacións urxentes no grupo de vivendas coñecido como Privada Moderna. Unha sentenza xudicial ven de ratificar un mandato municipal de 2017 que esixía á entidade, como propietaria do inmoble, a facerse cargo das reparacións urxentes no inmoble situado no Calvario, en constante deterioro por falta de conservación.

En declaracións aos medios, Caballero aludiu a outra actuación similar, neste caso nun edificio de Gran Vía, preto de Praza España, onde a Sareb -tamén a instancias municipais -actuou e o edificio atópase nestes momentos completamente rehabilitado.

Leer más:   O Auditorio Municipal acolle os días 25 e 29 de abril o torneo de debate escolar con estudantes de 3ª e 4ª da ESO


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello reitera a demanda á Xunta para asinar o convenio que garanta a construción do instituto de Navia
Artículo siguientePrevisión del tiempo para Vigo