Inicio Últimas Noticias O Concello aproba o proxecto de iluminación do Monte da Guía

O Concello aproba o proxecto de iluminación do Monte da Guía

Abel Caballero sinalou na rolda de prensa que “ten un presuposto de case 395.000€”. A actuación desenvólvese no Monte da Guía, na subida pola Av. Doña Fermina ata a Capela Monte da Guía.

O rexedor explicou que os traballos teñen un período estimado de catro meses, nos que se mellorará a iluminación, coa substitución dos puntos de luz existentes, para poñer tecnoloxía LED. O proxecto conta coa renovación de 48 puntos de luz ao longo do do vial e 56 no palco situado no parque, cumprindo os requisitos de adaptación á contorna. Deste xeito, lograrase “unha mellora da eficiencia enerxética”.

Complementarase con outras labores como a renovación da instalación soterrada e as liñas eléctricas, xa que “moitos tramos contaban coa canalización atópase rota e obstruída”. A maiores, independizase a subministración eléctrica e a iluminación da vía pública do resto de servizos públicos do Parque.

Leer más:   Emilia Pardo Bazán, protagonista do Día do Libro na Porta do Sol


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA rexeneración de Samil comezará coa humanización da Avenida
Artículo siguienteVías e Obras Medio Ambiente A rexeneración de Samil comezará coa humanización da Avenida Abel Caballero deu conta da humanización aprobada en Xunta de Goberno que ten un importe de 1,8 millóns e que comezará despois do verán.