Inicio Últimas Noticias Pablo López, o 24 de xullo, primeira confirmación dos concertos de Castrelos

Pablo López, o 24 de xullo, primeira confirmación dos concertos de Castrelos

O alcalde desvelou este venres a primeira actuación do programa Vigo en Festas deste verán, o artista malagueño Pablo López, que chegará ao emblemático auditorio de Castrelos o 24 de xullo.

Caballero anunciou na rolda de prensa matinal o concerto de Pablo López, “unha das figuras máis importantes do pop actual” como o cualificou. O artista malagueño é a primeira confirmación da edición 2023 do Vigo en Festas, que o levará a subirse o escenario de Castrelos o luns 24 de xullo.

Pablo López saltou á fama como concursante de Operación Triunfo 2008 e é un dos coach habitual do programa La Voz. Obtivo o Disco de Platino en 2015 con “El mundo y los amantes inocentes” e o Dobre Dobre Disco de Platino, ao vender máis de 80.000 discos, en 2017 co álbum “Camino, fuego y libertad”. Ademais co éxito do seu primeiro sinxelo «Vi», do álbum “Once historias y un piano” chegou a ser Disco de Ouro en España en 2013, premio que repite en 2020 co álbum “Unikornio, once millones de versos después de ti”.

Leer más:   As fontes de Aragón ilumínanse de verde e laranxa polo Día da Fibrose Quística

Acumula diversos premios de “Los 40 Music Awards” e Cadena Dial, así como unha nominación aos Grammys Latinos. Ven de estrear, a finais de 2022, o sinxelo “Quasi”, no que poderemos gozar en Castrelos da súa aposta por unha base electrónica que se fusiona co seu talento ao piano.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPrevisión del tiempo para Vigo
Artículo siguientePrevisión meteorológica para Vigo